Arrinca a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, “a edición máis agardada”

O modelo internacional e imaxe do cartel Damián Álvarez desfilou na inauguración da XXX Mostra do Encaixe
O modelo internacional e imaxe do cartel Damián Álvarez desfilou na inauguración da XXX Mostra do Encaixe
A inauguración oficial correu a cargo da alcaldesa de Camariñas, o delegado do goberno en Galicia, e o presidente da Deputación da Coruña. Sandra Insua afirmou que “Camariñas enteiro necesitaba dun empuxe psicolóxico como o que nos aporta a celebración da Mostra” e engadiu que “sen Mostra somos menos fortes, estamos máis lonxe uns dos outros”.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña xa está en marcha, unha edición que foi cualificada en múltiples ocasións como “a máis e que se celebra no mes de outubro despois de ter que ser aprazada ata en dúas ocasións por mor da pandemia.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foron os encargados de cortar a cinta de encaixe que, simbolicamente, dá o pistoletazo de saída á Mostra.

Sandra Insua, na súa segunda edición como alcaldesa, afirmou que “Camariñas enteiro necesitaba dun empuxe psicolóxico como o que nos aporta a celebración da Mostra do Encaixe porque sen Mostra somos menos fortes, estamos máis lonxe uns dos outros”.

“Suspender a Mostra foi unha das decisións máis difíciles que tiven que tomar nunca e cambiala para o mes de outubro volve a ser outro acto de responsabilidade”, confesou a rexedora, que engadiu que “desde hoxe e ata o martes seremos unha vez máis un lugar cheo de vida e ilusión”.

Pola súa parte, José Miñones, dixo que para él “é un pracer estar aquí, no encontro de encaixe máis importante do mundo”, deu os parabéns “polo enorme traballo que se fai para unir tradición e vangarda” e fixo un recoñecemento “desde o Goberno de España á labor das palilleiras, exemplo de tradición, innovación e traballo”.

Valentín González Formoso explicou que “a Mostra é froito do irmanamento de dúas institucións como a Deputación da Coruña e o Concello” e tamén é “o mellor exemplo do que é Camariñas, non só é tecer encaixe se non que é unha vila solidaria que se mantén conectada co mundo, a través do mar e tamén do encaixe”. “Para nós isto é un orgullo e por iso mantemos o noso compromiso, un esforzo enorme que facemos tanto a Deputación como o Concello e por iso temos que seguir poñendo en valor este evento”, incidiu.

Despois da pertinente visita aos diferentes postos e stands que se ubican nos dous pavillóns municipais acondicionados para a ocasión, as autoridades presentes puideron gozar do desfile do ‘Pequencaixe’ e, para remtar, da pasarela inaugural da Mostra, no que as firmas participantes amosaron por primeira vez as coleccións que prepararon para a Mostra co encaixe como protagonista.

Damián Álvarez, o modelo natural de Vimianzo e protagonista do cartel desta edición, foi o encargado de abrir o primeiro desfile de grandes deseñadores da Mostra do Encaixe.

XXX Mostra do Encaixe

Durante os cinco días un total de 12 firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’ subiranse ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe. Este ano contaremos coa presenza de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local. Por outra banda, o domingo 10 de outubro celebrarase o desfile do estilista internacional Carlos Bardullas, natural da Ponte do Porto.

No ‘XXVII Concurso de Jóvenes Diseñadores’ no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 24 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.

Este ano estrease a categoría de ArtEncaixe, con 11 participantes que aplican o encaixe nas súa artesanía. Participan: Amorote Workshop, Ana Miguens, Charo López Atelier, Egueire ONG, Estilo Aramar, Janet Schulz, La Parabólica de Julia de la Cal, Noelia Peña, Pilar Rodríguez de ‘En Lá’, Silvereia e Xelis LUaces.

Como ven sendo habitual, no recinto da Mostra estarán instalados os habituais stands e, na entrada, celebrarase o Encontro de Palilleiras.

Noticias relacionadas

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad