Convocatoria de matrícula nos obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2023/2024

2/02/24 10:00

  • Obradoiro

Matrícula aberta desde o 2 de febreiro

Obradoiros presenciais en NORMAL:

Obradoiros presenciais no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro (Ferrol):

 
Información sobre a matrícula:
 
O prazo de matrícula abrirá o venres 2 e rematará o 23 de febreiro de 2024. A matrícula farase en liña.
 
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "comunidade universitaria", para os membros dos diferentes colectivos da UDC, ou en “persoas externas”, para o público xeral. O colectivo "persoas externas" deberá introducir os seus datos se ten unha conta xa creada. De non tela, é preciso premer en "crear unha nova conta" e encher o formulario que aparecerá, finalizando o proceso de rexistro premendo en "rexistrar". Logo do proceso de rexistro, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.
 
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegase a cinco persoas.
 
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 17/02/2022)
 
Importante:
 
Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.
 
As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán enviar ao correo electrónico normal@udc.es (ou no seu caso ao correo cultura.ferrol@udc.es), previamente á súa matriculación, a documentación que acredite a súa situación. Unha vez recibida e validada daránselles as instrucións necesarias para formalizar a matrícula.
 
Para resolver calquera dúbida ou incidencia, deberase comunicar a mesma ao correo normal@udc.gal ou a través dos teléfonos 881014502 en quenda de mañá ou 881014511 en quenda de tarde para os obradoiros de NORMAL. Para os ofertados en Ferrol o correo é cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881013697, en quenda de mañá. 
 

Publicado por: Cultura