SlideShare a Scribd company logo
1 of 49
Os minerais
Un mineral é unha substancia sólida, inorgánica, de
orixe natural, homoxénea e cunha estrutura interna
definida e estable.
Os minerais son produto dunha serie de reaccións físico-químicas
polas que a partir de átomos desordeados conséguese a formación dun
material ben organizado.
ORIXE DOS MINERAIS
Topacio: os cristais das
xemas fórmanse a partir dos
magmas residuais
aproveitando os espazos ocos.
Cristais de xofre formados pola
sublimación dos vapores nas fumarolas.
Os cristais de sal común
(cloruro de sodio) fórmanse
por evaporación da auga na
que está disolto.
Os granates son minerais típicos das
rochas metamórficas. Aparecen
asociados aos gneis, ás ecloxitas…
OS CRISTAIS
Son a expresión externa das disposición dos átomos que constitúen un
mineral.
Para que se formen os cristais é necesario que os átomos dispoñan de
espazo, tempo e repouso suficiente para organizárense.
O 85% do total das rochas e minerais terrestres teñen estrutura cristalina.
Disposición dos átomos e aspecto da
fluorita, fluoruro de calcio (F2Ca).
Algúns cristais poden acadar tamaños moi grandes, como os da selenita
de Naica (México) de ata 11 m de lonxitude e 5 toneladas.
A formación dos cristais segue unhas regras que se expresan nos
diferentes sistemas cristalinos, basados na relación que existe
entre a forma do cristal e os distintos elementos de simetría: centro,
eixo, planos e ángulos.
Cubo de pirita
Seixo afumado. Prismas
exagonais apuntados
Ópalo, mineral amorfo.
Os materiais que non teñen as
súas partículas organizadas en
cristais son materiais amorfos
(sen forma definida)
O diamante e o grafito están formados polo mesmo elemento químico, o carbono.
Só os fai diferentes a súa estrutura cristalina.
No grafito os átomos dispóñense en
capas feblemente unidas formadas por
cristais prismáticos exagonais de cor
negra.
É tan brando que se usa como lubricante e
para fabricar minas de lápis. Conduce a
electricidade e emprégase para facer
escobiñas de motores.
No diamante os átomos moi fortemente
entrelazados agrúpanse en formas regulares (cubos,
octaedros) brillantes e moi duras, o que o converte
nun material moi buscado como elemento abrasivo
ou de corte e na máis valiosa das xemas.
Rosa do deserto formada
por cristais de xeso.
Xeoda. Os cristais medran cubrindo a
superficie interior dunha cavidade.
Na natureza os cristais non adoitan medrar
illados senón que forman agregados de
distintos tipos: ramificados, radiais,
cubrindo superficies ou ocos...
PROPIEDADES FÍSICAS
Densidade: valor da súa masa por
unidade de volume.
Forma de fragmentar: fractura,
exfoliación...
Tenacidade: deformación baixo unha
acción mecánica (poden ser fráxiles,
dúctiles, maleables, elásticos...)
Dureza: resistencia á abrasión e ao
rallado. Mídese utilizando a escala de
Mohs.
Conductividade: eléctrica, térmica.
Magnetismo.
Propiedades radioactivas: emisión
de radiacións corpusculares.
Propiedades ópticas: cor, brillo,
refracción.
Magnetismo
Galena, mineral con
brillo metálico.
Cor do rallado. A ralla é unha característica
propia de cada mineral que se mantén
constante aínda que este cambie de aspecto.
ESCALA DE MOHS (Dureza dos minerais)
Con esta escala dáselles aos minerais unha valoración entre 1 (o máis
brando) e 10 (o máis duro), asociando a cada valor un mineral tipo.
Os materiais de dureza 1 e 2 pódense rallar coa unlla, ata o 4 cunha
navalla, e ata o 6 cun vidro.
PROPIEDADES QUÍMICAS
Determínanse pola resposta ao contacto ou acción doutras
substancias:
-Cor da chama na combustión (reacción co osíxeno).
-Reacción a determinados produtos (auga, ácidos...).
A reacción aos ácidos
é unha propiedade
característica do
carbonato cálcico.Mineral de potasio
Mica: cor branca brillante, transparente en láminas finas. Suave ao tacto,
blanda e flexible. Facilmente esfollable. Non conduce a corrente eléctrica
nin é atraída polo imán. Resiste a acción da auga e os ácidos.
CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS
Coñécense uns 2.000 tipos de minerais que se poden clasificar tendo en
conta a composición química (óxidos, sulfuros, elementos...), a forma en que
aparecen (menas, pegmatitas, rochas...), o sistema cristalográfico (cúbico,
hexagonal, rómbico...) ou calquera outra propiedade.
O sistema máis utilizado a nivel internacional é o creado por H. STRUNZ en
1938 que establece 9 clases de minerais segundo a súa composición química.
Cando un elemento se atopa en
estado puro na natureza dise que é
nativo. O máis normal é que os
elementos se atopen formando parte
de combinacións das que se extraen
(menas).
ouro nativo
limonita, mena de ferro
ELEMENTOS
Están formados por un único elemento químico ou aleacións.
SULFUROS seleniuros, telururos, arseniuros, antimoniuros, bismoturos.
Xeralmente presentan brillo metálico.
HALOXENUROS (HALUROS)
Sales dos halóxenos. Nunca teñen aspecto metálico.
ÓXIDOS e HIDRÓXIDOS
Compostos oxidados dos elementos. Non teñen brillo metálico.
NITRATOS, CARBONATOS e BORATOS
SULFATOS, CROMATOS, MOLIBDATOS, WOLFRAMATOS
Sales de diferentes elementos (arredor de 200)
FOSFATOS, ARSENIATOS e VANADATOS.
Oxisales do ácido fosfórico, arsénico, antimonio, vanadio,
tántalo e niobio (arredor de 350).
SILICATOS
É a clase máis importante e numerosa do reino mineral. A maior parte son sales
derivadas dos ácidos silícicos. Tamén comprende sales de titanio, circonio, torio e
estano. En xeral son de aspecto vítreo ou ou lapídeo e de baixa densidade.
(Arredor de 500)
SILICATOS
SILICATOS
SILICATOS
COMPOSTOS ORGÁNICOS.
Sales de ácidos orgánicos, carburos de hidróxeno... (arredor de 20)
IMPORTANCIA DOS MINERAIS
Os minerais máis importantes, desde o punto de vista industrial
son os que permiten extraer materiais de uso cotián.
As xemas son minerais valiosos
pola súa rareza e vistosidade (que
aumenta co puído e a talla).
Existen uns cen tipos de xemas.
turquesa
hematite
crisocola ollo de tigre
cuarzo turmalina cornalina
pirita suxilita
malaquita cuarzo rosa obsidiana
rubí ágata
xaspe amatista ágata azul lapislázuli
esmeraldas
OS MINERAIS EN GALICIA
En Galicia atópanse minerais pertencentes a todos os grupos, algúns moi
valiosos, como o ouro e outros que conteñen elementos moi útiles como o
ferro ou a caolinita, aínda que a maioría aparecen en concentracións tan
baixas que non fan rendible a súa extracción.
ELEMENTOS NATIVOS
Grafito (Melide).
Ouro (praia Barraña).
Fluorita: fluoruro de calcio (A Coruña).
HALUROS
SULFUROS
Pirita: sulfuro de
ferro (Lobios).
Galena: sulfuro de chumbo
(A Fonsagrada).
Mispiquel, arsenopirita.
Sulfuro de arsénico e ferro.
(Sabarís)
Marcasita: sulfuro de
ferro
(Gándaras de Budiño).
Estibina: sulfuro
de antimonio
Calcopirita:
sulfuro de cobre e
ferro.
Blenda,
esfalerita:
sulfuro de Cinc.
Molibdenita: sulfuro
de molibdeno
Casiterita: óxido de estaño.
A Penouta (Viana do Bolo)
Cuprita: óxido de cobre
ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS
Zafiro (Óxido de aluminio). Goián.
Rutilo (Óxido de
titanio). Carballo.
Uraninita, soleíta (Óxido
de uranio). Caión Scheelita (Óxido de Uranio e calcio).
ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS
Cromita (Óxido de cromo e ferro).
Goethita (Óxido de ferro).
Ilmenita (Óxido de titanio e
ferro). Balarés
Hematite, olixisto (Óxido de ferro).
Magnetita: óxido de ferro
(imán natural).
Tantalita (Óxido de tántalo,
ferro, manganeso…). Cartelle.
Magnesita: carbonato de
magnesio (Rubiá).
Siderita: carbonato de ferro.
Malaquita: carbonato de cobre
hidratado (Neipín-Lugo).
CARBONATOS, NITRATOS ...
Zaratita: carbonato de níquel
hidratado.
Calcita: carbonato de calcio.
O Barco de Valdeorras.
SULFATOS...
Wolframita: wolframato de ferro
ou de manganeso (Lousame).
FOSFATOS, ARSENIATOS...
Monacita: fosfato de cerio,
lantano, itrio e torio (terra rara)
Evansita: fosfato de aluminio
hidratado (Ames).
Granate: silicato de aluminio e
outro metal (ferro, calcio,
cromo...). Portomouro.
Berilo: silicato de aluminio
e berilio. A Estrada
Moscovita (mica branca):
silicato de alumnio e potasio
(Monte do Galiñeiro).
Espodumena: silicato de
aluminio e litio (Vilatuxe).
Microclina (feldespato): silicato de
aluminio e potasio (O Porriño).
Crisotilo (asbesto): silicato
hidratado de magnesio e ferro.
SILICATOS
SILICATOS
Andalucita (silicato de
aluminio). A Guarda.
Petalita (silicato de
litio e aluminio).
Turmalina (silicato de
sodio, ferro, boro,
litio,sodio, aluminio…).
Olivino (silicato de ferro
e magnesio). Teixedelo.
Sillimanita (silicato de
aluminio). Xuño
(
Cianita: silicato de
aluminio (O Pino).
Seixo transparente (cristal de rocha)
SILICATOS
Seixo lácteoSeixo rosa
Seixo afumado
SEIXO:
É o mineral máis abundante. Atópase
formando parte de rochas (granitos cuarcitas,
gneis) ou en filóns por todo o territorio.
Mina no Pico Sacro
MINERAIS DE FERRO
Os minerais de ferro (hematite,
goethita, magnetita, pirita e
siderita) son especialmente
abundantes na provincia de Lugo.
Na actualidade practicamente estan
esgotados ou non son rendibles.
Hematite
Antiga mina de ferro na Pobra do Brollón.
OURO
Moi abundante noutras épocas e practicamente
esgotado. Atopábase en placeres nos ríos Sil,
Miño, Lor, Camba e Bibei e asociado a filóns de
seixo e arsenopirita en diferentes puntos do
noroeste da Coruña, zona do Carballiño e O Rosal.
Antiga explotación de ouro en Viana do Bolo (Médulas de Caldesiños).
MAGNESITA
Carbonato magnésico (CO3Mg,). É a máis importante mena de
magnesio, elemento que se emprega como desoxidante na
elaboración de aliaxes metálicas (bronces, latóns), para a
elaboración de aliaxes lixeiras co aluminio, na fabricación de
fertilizantes, ladrillos refractarios que resisten moi altas
temperaturas...
O xacemento máis importante atópase en Rubiá (O Incio).
Planta de procesado de magnesita. Rubiá.
FELDESPATOS
Son silicatos de aluminio e outros minerais (sodio, potasio,
calcio...) que forman parte, xunto co seixo, de moitas das rochas
galegas. Tamén se atopan en filóns pegmatíticos en masas e
grandes cristais.
Os máis comúns son a ORTOSA e a MICROCLINA (Si3O8AlK) que
se atopa en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do
Valedouro..., e a ALBITA (Si3O8Al2Ca) que se atopan en Silán,
(Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro,
Pontecesures, Valga, Amoedo, Salvaterra, Mondariz...
Os feldespatos utilízanse nas industrias cerámicas e de vidro.
Na industria cerámica os
feldespatos empréganse
como materia prima, como
fundentes e para a
elaboración de esmaltes.
CASITERITA
Bióxido de estano (SnO2). É a mena máis importante do estano.
En Galicia houbo abundantes xacementos de estano, case sempre
asociados aos de wolframio que foron intensamente explotados desde a
antigüidade e que actualmente están esgotados ou non son rendibles.
Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Fontao (Vila de Cruces),
A Penouta (Viana do Bolo), Beariz, Novelle, Monterrei, Laza, Calvelos, Vilardevós...
Tamén se atopa en aluvións no río Seixido (Arteixo) e no Deza e en brañas en
Berdoias.
Mina da Penouta. Viana do Bolo.
Envases para conservas.
MINERAIS DE WOLFRAMIO
A explotación do wolframio en Galicia acadou importancia a partir de 1908 e
especialmente durante as guerras mundiais pola súa utilización na fabricación de
armamento e blindaxes. Durante a segunda guerra as principais minas foron
explotadas polos alemáns e houbo ademais unha gran produción non controlada
que se comercializaba de contrabando tanto no interior de Galicia como a traves da
fronteira portuguesa. Ao rematar a guerra fíxose pouco rendible e actualmente
atópase practicamente paralizada.
Mina de Fontao.
Vila de Cruces.
WOLFRAMITA (WO4FE, WO4MN)
Asociada case sempre á casiterita.
Xacementos: Monte Neme, Santa
Comba, San Finx (Noia), Arteixo,
Fontao (Vila de Cruces), Lobios,
Baltar...
SCHEELITA (WO4Ca)
Asociada xeralmente á
casiterita, wolframita e ouro.
Xacementos: Santa Comba,
Vilardevós, Casaio, Noia,
Zas, Corcoesto...
Mina de Monte Neme. Carballo.
Aparecen filóns de seixo que conteñen
cantidades variables de estaño e
wolframio con minerais accesorios como
arsenopirita, calcopirita e scheelita.
CHUMBO e CINC
Aparecen conxuntamente como galena (sulfuro de chumbo) e
blenda (sulfuro de cinc). A explotación máis importante foi a de
Rubiais (O Cebreiro), unha das máis grandes de Europa. Son
xacementos de orixe hidrotermal en zonas de contacto entre
calcárias e lousas.
Xacemento de Rubiais, O Cebreiro.
Posiblemente foi explotado polos Normandos
(968-969) para a obtención de prata.
Entre 1884 e 1930 foi mina de chumbo e cinc.
No 1970 reanúdase a explotación que rematou
no 1988 ao esgotarse.
Galena
CALCOPIRITA
É a mena máis importante de cobre. En Galicia explotouse na
zona de Moeche a comezos do século XX e entre 1950-1980; e
na zona de Touro desde 1977 ata 1992.
Cargadeiro de mineral de cobre procedente da
explotación de Touro. Porto de Vilagarcía.
CALCOPIRITA (S2CuFe). Contén arredor dun
34% de cobre. Atópase en Touro, Cerdido,
Moeche... Tamén aparece acompañando a
casiterita, a wolframita, a blenda e a galena.
Mina de Touro.
ESTIBINA (S3Sb2)
É un sulfuro de antimonio. Atópase en Santa Eufemia e
Vilarbacú (O Caurel), As Nogais, Biobra (O Barco), Mina
Pandeiro (Ordes)...
Xacemento de estibina de Vilarbacú (O Courel). Explotado desde 1910 a 1945.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Internet.
DEBUXOS: Mon Daportasal nunha poza da costa

More Related Content

What's hot (10)

Minerais
MineraisMinerais
Minerais
 
Naturales 3º trimestre
Naturales 3º trimestreNaturales 3º trimestre
Naturales 3º trimestre
 
As rochas
As rochasAs rochas
As rochas
 
O granito
O granitoO granito
O granito
 
Recursos minerais - Laura N e Alba R
Recursos minerais - Laura N e Alba RRecursos minerais - Laura N e Alba R
Recursos minerais - Laura N e Alba R
 
Recursos Minerales
Recursos MineralesRecursos Minerales
Recursos Minerales
 
Minerais e rochas
Minerais e rochasMinerais e rochas
Minerais e rochas
 
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
 
Curiosidades dos minerais
Curiosidades dos mineraisCuriosidades dos minerais
Curiosidades dos minerais
 
Rochas guía
Rochas guíaRochas guía
Rochas guía
 

Similar to Os minerais

A xeosfera.minerais e rochas
A xeosfera.minerais e rochasA xeosfera.minerais e rochas
A xeosfera.minerais e rochasirenetraba
 
Proxecto interdisciplinar
Proxecto interdisciplinarProxecto interdisciplinar
Proxecto interdisciplinarLourdes_blogue
 
Explotacións mineiras activas en Galicia
Explotacións mineiras activas en GaliciaExplotacións mineiras activas en Galicia
Explotacións mineiras activas en Galicianaturaxiz
 
Clasificación das rochas
Clasificación das rochasClasificación das rochas
Clasificación das rochascerredo
 
Rochas utilizadas na construción
Rochas utilizadas na construciónRochas utilizadas na construción
Rochas utilizadas na construcióncerredo
 
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclaves
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo EnclavesXeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclaves
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclavesesehome
 
Rochas utilizadas na construción de monumentos
Rochas utilizadas na construción de monumentosRochas utilizadas na construción de monumentos
Rochas utilizadas na construción de monumentoscerredo
 
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior TerrestreUD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestrefaroluas
 
Minerais na xoiería
Minerais na xoieríaMinerais na xoiería
Minerais na xoieríanaturaxiz
 
Os minerais
Os mineraisOs minerais
Os mineraiscerredo
 
Minerais - Alba V
Minerais - Alba VMinerais - Alba V
Minerais - Alba Vnaturaxiz
 

Similar to Os minerais (17)

A xeosfera.minerais e rochas
A xeosfera.minerais e rochasA xeosfera.minerais e rochas
A xeosfera.minerais e rochas
 
Proxecto interdisciplinar
Proxecto interdisciplinarProxecto interdisciplinar
Proxecto interdisciplinar
 
Explotacións mineiras activas en Galicia
Explotacións mineiras activas en GaliciaExplotacións mineiras activas en Galicia
Explotacións mineiras activas en Galicia
 
Boletin 6º 2016
Boletin 6º 2016Boletin 6º 2016
Boletin 6º 2016
 
Clasificación das rochas
Clasificación das rochasClasificación das rochas
Clasificación das rochas
 
Rochas utilizadas na construción
Rochas utilizadas na construciónRochas utilizadas na construción
Rochas utilizadas na construción
 
Rochas e minerais
Rochas e mineraisRochas e minerais
Rochas e minerais
 
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclaves
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo EnclavesXeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclaves
XeomorfoloxíA GraníTica E Pasillo Enclaves
 
Rochas utilizadas na construción de monumentos
Rochas utilizadas na construción de monumentosRochas utilizadas na construción de monumentos
Rochas utilizadas na construción de monumentos
 
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior TerrestreUD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
 
Minerais e rochas
Minerais e rochasMinerais e rochas
Minerais e rochas
 
Minerais na xoiería
Minerais na xoieríaMinerais na xoiería
Minerais na xoiería
 
Os metais.pdf
Os metais.pdfOs metais.pdf
Os metais.pdf
 
Os minerais
Os mineraisOs minerais
Os minerais
 
Rochas
RochasRochas
Rochas
 
Minerais - Alba V
Minerais - Alba VMinerais - Alba V
Minerais - Alba V
 
Tetón
TetónTetón
Tetón
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Os minerais

  • 2. Un mineral é unha substancia sólida, inorgánica, de orixe natural, homoxénea e cunha estrutura interna definida e estable. Os minerais son produto dunha serie de reaccións físico-químicas polas que a partir de átomos desordeados conséguese a formación dun material ben organizado.
  • 4. Topacio: os cristais das xemas fórmanse a partir dos magmas residuais aproveitando os espazos ocos. Cristais de xofre formados pola sublimación dos vapores nas fumarolas. Os cristais de sal común (cloruro de sodio) fórmanse por evaporación da auga na que está disolto. Os granates son minerais típicos das rochas metamórficas. Aparecen asociados aos gneis, ás ecloxitas…
  • 5. OS CRISTAIS Son a expresión externa das disposición dos átomos que constitúen un mineral. Para que se formen os cristais é necesario que os átomos dispoñan de espazo, tempo e repouso suficiente para organizárense. O 85% do total das rochas e minerais terrestres teñen estrutura cristalina. Disposición dos átomos e aspecto da fluorita, fluoruro de calcio (F2Ca).
  • 6. Algúns cristais poden acadar tamaños moi grandes, como os da selenita de Naica (México) de ata 11 m de lonxitude e 5 toneladas.
  • 7. A formación dos cristais segue unhas regras que se expresan nos diferentes sistemas cristalinos, basados na relación que existe entre a forma do cristal e os distintos elementos de simetría: centro, eixo, planos e ángulos. Cubo de pirita Seixo afumado. Prismas exagonais apuntados Ópalo, mineral amorfo. Os materiais que non teñen as súas partículas organizadas en cristais son materiais amorfos (sen forma definida)
  • 8. O diamante e o grafito están formados polo mesmo elemento químico, o carbono. Só os fai diferentes a súa estrutura cristalina. No grafito os átomos dispóñense en capas feblemente unidas formadas por cristais prismáticos exagonais de cor negra. É tan brando que se usa como lubricante e para fabricar minas de lápis. Conduce a electricidade e emprégase para facer escobiñas de motores. No diamante os átomos moi fortemente entrelazados agrúpanse en formas regulares (cubos, octaedros) brillantes e moi duras, o que o converte nun material moi buscado como elemento abrasivo ou de corte e na máis valiosa das xemas.
  • 9. Rosa do deserto formada por cristais de xeso. Xeoda. Os cristais medran cubrindo a superficie interior dunha cavidade. Na natureza os cristais non adoitan medrar illados senón que forman agregados de distintos tipos: ramificados, radiais, cubrindo superficies ou ocos...
  • 10. PROPIEDADES FÍSICAS Densidade: valor da súa masa por unidade de volume. Forma de fragmentar: fractura, exfoliación... Tenacidade: deformación baixo unha acción mecánica (poden ser fráxiles, dúctiles, maleables, elásticos...) Dureza: resistencia á abrasión e ao rallado. Mídese utilizando a escala de Mohs. Conductividade: eléctrica, térmica. Magnetismo. Propiedades radioactivas: emisión de radiacións corpusculares. Propiedades ópticas: cor, brillo, refracción. Magnetismo Galena, mineral con brillo metálico. Cor do rallado. A ralla é unha característica propia de cada mineral que se mantén constante aínda que este cambie de aspecto.
  • 11. ESCALA DE MOHS (Dureza dos minerais) Con esta escala dáselles aos minerais unha valoración entre 1 (o máis brando) e 10 (o máis duro), asociando a cada valor un mineral tipo. Os materiais de dureza 1 e 2 pódense rallar coa unlla, ata o 4 cunha navalla, e ata o 6 cun vidro.
  • 12. PROPIEDADES QUÍMICAS Determínanse pola resposta ao contacto ou acción doutras substancias: -Cor da chama na combustión (reacción co osíxeno). -Reacción a determinados produtos (auga, ácidos...). A reacción aos ácidos é unha propiedade característica do carbonato cálcico.Mineral de potasio
  • 13. Mica: cor branca brillante, transparente en láminas finas. Suave ao tacto, blanda e flexible. Facilmente esfollable. Non conduce a corrente eléctrica nin é atraída polo imán. Resiste a acción da auga e os ácidos.
  • 14. CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS Coñécense uns 2.000 tipos de minerais que se poden clasificar tendo en conta a composición química (óxidos, sulfuros, elementos...), a forma en que aparecen (menas, pegmatitas, rochas...), o sistema cristalográfico (cúbico, hexagonal, rómbico...) ou calquera outra propiedade. O sistema máis utilizado a nivel internacional é o creado por H. STRUNZ en 1938 que establece 9 clases de minerais segundo a súa composición química. Cando un elemento se atopa en estado puro na natureza dise que é nativo. O máis normal é que os elementos se atopen formando parte de combinacións das que se extraen (menas). ouro nativo limonita, mena de ferro
  • 15. ELEMENTOS Están formados por un único elemento químico ou aleacións.
  • 16. SULFUROS seleniuros, telururos, arseniuros, antimoniuros, bismoturos. Xeralmente presentan brillo metálico.
  • 17. HALOXENUROS (HALUROS) Sales dos halóxenos. Nunca teñen aspecto metálico.
  • 18. ÓXIDOS e HIDRÓXIDOS Compostos oxidados dos elementos. Non teñen brillo metálico.
  • 20. SULFATOS, CROMATOS, MOLIBDATOS, WOLFRAMATOS Sales de diferentes elementos (arredor de 200)
  • 21. FOSFATOS, ARSENIATOS e VANADATOS. Oxisales do ácido fosfórico, arsénico, antimonio, vanadio, tántalo e niobio (arredor de 350).
  • 22. SILICATOS É a clase máis importante e numerosa do reino mineral. A maior parte son sales derivadas dos ácidos silícicos. Tamén comprende sales de titanio, circonio, torio e estano. En xeral son de aspecto vítreo ou ou lapídeo e de baixa densidade. (Arredor de 500)
  • 26. COMPOSTOS ORGÁNICOS. Sales de ácidos orgánicos, carburos de hidróxeno... (arredor de 20)
  • 27. IMPORTANCIA DOS MINERAIS Os minerais máis importantes, desde o punto de vista industrial son os que permiten extraer materiais de uso cotián.
  • 28. As xemas son minerais valiosos pola súa rareza e vistosidade (que aumenta co puído e a talla). Existen uns cen tipos de xemas. turquesa hematite crisocola ollo de tigre cuarzo turmalina cornalina pirita suxilita malaquita cuarzo rosa obsidiana rubí ágata xaspe amatista ágata azul lapislázuli esmeraldas
  • 29. OS MINERAIS EN GALICIA En Galicia atópanse minerais pertencentes a todos os grupos, algúns moi valiosos, como o ouro e outros que conteñen elementos moi útiles como o ferro ou a caolinita, aínda que a maioría aparecen en concentracións tan baixas que non fan rendible a súa extracción. ELEMENTOS NATIVOS Grafito (Melide). Ouro (praia Barraña). Fluorita: fluoruro de calcio (A Coruña). HALUROS
  • 30. SULFUROS Pirita: sulfuro de ferro (Lobios). Galena: sulfuro de chumbo (A Fonsagrada). Mispiquel, arsenopirita. Sulfuro de arsénico e ferro. (Sabarís) Marcasita: sulfuro de ferro (Gándaras de Budiño). Estibina: sulfuro de antimonio Calcopirita: sulfuro de cobre e ferro. Blenda, esfalerita: sulfuro de Cinc. Molibdenita: sulfuro de molibdeno
  • 31. Casiterita: óxido de estaño. A Penouta (Viana do Bolo) Cuprita: óxido de cobre ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS Zafiro (Óxido de aluminio). Goián. Rutilo (Óxido de titanio). Carballo. Uraninita, soleíta (Óxido de uranio). Caión Scheelita (Óxido de Uranio e calcio).
  • 32. ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS Cromita (Óxido de cromo e ferro). Goethita (Óxido de ferro). Ilmenita (Óxido de titanio e ferro). Balarés Hematite, olixisto (Óxido de ferro). Magnetita: óxido de ferro (imán natural). Tantalita (Óxido de tántalo, ferro, manganeso…). Cartelle.
  • 33. Magnesita: carbonato de magnesio (Rubiá). Siderita: carbonato de ferro. Malaquita: carbonato de cobre hidratado (Neipín-Lugo). CARBONATOS, NITRATOS ... Zaratita: carbonato de níquel hidratado. Calcita: carbonato de calcio. O Barco de Valdeorras.
  • 34. SULFATOS... Wolframita: wolframato de ferro ou de manganeso (Lousame). FOSFATOS, ARSENIATOS... Monacita: fosfato de cerio, lantano, itrio e torio (terra rara) Evansita: fosfato de aluminio hidratado (Ames).
  • 35. Granate: silicato de aluminio e outro metal (ferro, calcio, cromo...). Portomouro. Berilo: silicato de aluminio e berilio. A Estrada Moscovita (mica branca): silicato de alumnio e potasio (Monte do Galiñeiro). Espodumena: silicato de aluminio e litio (Vilatuxe). Microclina (feldespato): silicato de aluminio e potasio (O Porriño). Crisotilo (asbesto): silicato hidratado de magnesio e ferro. SILICATOS
  • 36. SILICATOS Andalucita (silicato de aluminio). A Guarda. Petalita (silicato de litio e aluminio). Turmalina (silicato de sodio, ferro, boro, litio,sodio, aluminio…). Olivino (silicato de ferro e magnesio). Teixedelo. Sillimanita (silicato de aluminio). Xuño ( Cianita: silicato de aluminio (O Pino).
  • 37. Seixo transparente (cristal de rocha) SILICATOS Seixo lácteoSeixo rosa Seixo afumado
  • 38. SEIXO: É o mineral máis abundante. Atópase formando parte de rochas (granitos cuarcitas, gneis) ou en filóns por todo o territorio. Mina no Pico Sacro
  • 39. MINERAIS DE FERRO Os minerais de ferro (hematite, goethita, magnetita, pirita e siderita) son especialmente abundantes na provincia de Lugo. Na actualidade practicamente estan esgotados ou non son rendibles. Hematite Antiga mina de ferro na Pobra do Brollón.
  • 40. OURO Moi abundante noutras épocas e practicamente esgotado. Atopábase en placeres nos ríos Sil, Miño, Lor, Camba e Bibei e asociado a filóns de seixo e arsenopirita en diferentes puntos do noroeste da Coruña, zona do Carballiño e O Rosal. Antiga explotación de ouro en Viana do Bolo (Médulas de Caldesiños).
  • 41. MAGNESITA Carbonato magnésico (CO3Mg,). É a máis importante mena de magnesio, elemento que se emprega como desoxidante na elaboración de aliaxes metálicas (bronces, latóns), para a elaboración de aliaxes lixeiras co aluminio, na fabricación de fertilizantes, ladrillos refractarios que resisten moi altas temperaturas... O xacemento máis importante atópase en Rubiá (O Incio). Planta de procesado de magnesita. Rubiá.
  • 42. FELDESPATOS Son silicatos de aluminio e outros minerais (sodio, potasio, calcio...) que forman parte, xunto co seixo, de moitas das rochas galegas. Tamén se atopan en filóns pegmatíticos en masas e grandes cristais. Os máis comúns son a ORTOSA e a MICROCLINA (Si3O8AlK) que se atopa en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro..., e a ALBITA (Si3O8Al2Ca) que se atopan en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro, Pontecesures, Valga, Amoedo, Salvaterra, Mondariz... Os feldespatos utilízanse nas industrias cerámicas e de vidro. Na industria cerámica os feldespatos empréganse como materia prima, como fundentes e para a elaboración de esmaltes.
  • 43. CASITERITA Bióxido de estano (SnO2). É a mena máis importante do estano. En Galicia houbo abundantes xacementos de estano, case sempre asociados aos de wolframio que foron intensamente explotados desde a antigüidade e que actualmente están esgotados ou non son rendibles. Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Fontao (Vila de Cruces), A Penouta (Viana do Bolo), Beariz, Novelle, Monterrei, Laza, Calvelos, Vilardevós... Tamén se atopa en aluvións no río Seixido (Arteixo) e no Deza e en brañas en Berdoias. Mina da Penouta. Viana do Bolo. Envases para conservas.
  • 44. MINERAIS DE WOLFRAMIO A explotación do wolframio en Galicia acadou importancia a partir de 1908 e especialmente durante as guerras mundiais pola súa utilización na fabricación de armamento e blindaxes. Durante a segunda guerra as principais minas foron explotadas polos alemáns e houbo ademais unha gran produción non controlada que se comercializaba de contrabando tanto no interior de Galicia como a traves da fronteira portuguesa. Ao rematar a guerra fíxose pouco rendible e actualmente atópase practicamente paralizada. Mina de Fontao. Vila de Cruces.
  • 45. WOLFRAMITA (WO4FE, WO4MN) Asociada case sempre á casiterita. Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Arteixo, Fontao (Vila de Cruces), Lobios, Baltar... SCHEELITA (WO4Ca) Asociada xeralmente á casiterita, wolframita e ouro. Xacementos: Santa Comba, Vilardevós, Casaio, Noia, Zas, Corcoesto... Mina de Monte Neme. Carballo. Aparecen filóns de seixo que conteñen cantidades variables de estaño e wolframio con minerais accesorios como arsenopirita, calcopirita e scheelita.
  • 46. CHUMBO e CINC Aparecen conxuntamente como galena (sulfuro de chumbo) e blenda (sulfuro de cinc). A explotación máis importante foi a de Rubiais (O Cebreiro), unha das máis grandes de Europa. Son xacementos de orixe hidrotermal en zonas de contacto entre calcárias e lousas. Xacemento de Rubiais, O Cebreiro. Posiblemente foi explotado polos Normandos (968-969) para a obtención de prata. Entre 1884 e 1930 foi mina de chumbo e cinc. No 1970 reanúdase a explotación que rematou no 1988 ao esgotarse. Galena
  • 47. CALCOPIRITA É a mena máis importante de cobre. En Galicia explotouse na zona de Moeche a comezos do século XX e entre 1950-1980; e na zona de Touro desde 1977 ata 1992. Cargadeiro de mineral de cobre procedente da explotación de Touro. Porto de Vilagarcía. CALCOPIRITA (S2CuFe). Contén arredor dun 34% de cobre. Atópase en Touro, Cerdido, Moeche... Tamén aparece acompañando a casiterita, a wolframita, a blenda e a galena. Mina de Touro.
  • 48. ESTIBINA (S3Sb2) É un sulfuro de antimonio. Atópase en Santa Eufemia e Vilarbacú (O Caurel), As Nogais, Biobra (O Barco), Mina Pandeiro (Ordes)... Xacemento de estibina de Vilarbacú (O Courel). Explotado desde 1910 a 1945.
  • 49. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Internet. DEBUXOS: Mon Daportasal nunha poza da costa