5. FOLLAS
Caedizas, simples, alternas, ovado-
lanceoladas rematadas en punta
aguda, coa beira serrada, de 4 a 15 cm
de lonxitude e 1,5 a 7 cm de ancho.
Son de cor verde escura, ásperas e
con peliños fortes polo dereito e máis
claras polo revés.
6. FLORES
Poden ser hermafroditas ou
unisexuais masculinas. Son
pequenas, de cor amarela-verdosa,
con cinco tépalos e aparecen
solitarias ou en pequenos grupos.
Florece de abril a maio.
7. FROITOS
Drupas solitarias de 1 cm de diámetro, sobre
rabos longos que saen da unión das follas,
negras cando maduran.
Maduran a finais de verán e comezos de outono
en mantéñense na árbore moito tempo.
9. En Galiza atópase raramente nas
marxes dos ríos e perto de prados
húmidos en varias zonas de Ourense,
posiblemente naturalizada. Tamén hai
exemplares en parques e xardíns.
O máis grande que se coñeceu estaba
no castelo de Soutomaior (33 m de
altura) e secou hai uns anos.
Oiras (Ourense)
Caldas de Reis.
10. USOS:
A madeira é resistente e
elástica e empregase para
facer aparellos e remos.
O froito é comestible.
En verde emprégase como
astrinxente e para deter as
hemorraxias.