Entregan á Biblioteca de Ourense libros para afondar na figura do mestre Vide
OURENSE
OURENSE CIUDAD
O profesor Javier Jurado centrou a súa tese no músico ourensán
16 nov 2022 . Actualizado a las 10:07 h.O profesor Javier Jurado, estudoso da obra de José Fernández Vide (Ourense, 1893-1981), entregou este martes na Biblioteca Nós unha copia da súa tese sobre este gran músico ourensán. O investigador deixou o exemplar para que os interesados poidan afondar na figuran do intelectual coñecido popularmente como mestre Vide.
Jurado tamén deixou unha copia adicada na biblioteca da Deputación de Ourense, que recolleron a directora da mesma, Isabel Almuiña, e o vicepresidente primeiro da institución provincial, Rosendo Fernández. O profesor leva dende os anos 90 investigando a música de Vide. Neste tempo contou en numerosas ocasións co apoio da Deputación ourensá.