Teixugueiras e Tanxugueiras

Case todo o mundo sabe o que é un “teixugo”. Un animaliño que en portugués chaman “texugo” e en castelán “tejón” e que é tan abondoso no sur de Galicia que case só entre Ourense e Pontevedra hai 93 lugares que se chaman como os buratos onde viven, ou sexa, as teixugueiras son os tobos ou tocas dos teixugos. E a inmensa maioría deses topónimos son de paraxes, fincas ou incluso regueiros ou penedos. En realidade, só hai dúas aldeas que se chamen “As Teixugueiras”. Unha a que saben vostedes, en Cartelle e outra en Moraña. Ben. Pois unha variante moi menor destas “teixugueiras” son as “tanxugueiras” por un proceso lingüístico que me vou aforrar. En realidade só hai cinco fincas que se chamen “As tanxugueiras”. O Teixugo ou Os Teixugos, hai 25, todos paraxes e penedos.

Así pois, por que as tres mozas colleron a variante menor, “Tanxugueiras” para o grupo? Pois porque lles petou. Chamoulles a atención e é raro, mesmo para nós. E como no importante do espectáculo é que falen de ti, pois conseguírono, sobramente. Hai moitos topónimos rematados en eiras, tanto de animais como en goridas de animais, tipo: Corveiras, Curuxeiras, Coelleiras, ou de plantas, Filguerias, Carballeiras, etc. Pero optaron por chamar a atención. Así, pois, ánimo mozas e a gañar.

Te puede interesar