Os galegos enxebres usan moito o verbo afacer no senso de adaptase a algo, de aí a expresión que comeza o título desta bolboretiña. É normal, por exemplo, dicirmos, “Hai que afacerse a vivir con máis coidado ca antes” ou “non me afago (ou non me dou afeito) a andar coa cara tapada”. Preferimos moito o verbo afacer ao verbo acostumar, que, se nas dúas frases ditas son intercambiables, non así noutros contextos, como por exemplo, “No inverno acostuma chover”. O que non se pode usar aquí é “suele” ou “soler”, un castelanismo facilmente evitable. Dicir “No inverno suele chover” é feo, o ditongo ue de suele, renxe. En fin, aquí, poden dicir mellor “No inverno adoita chover”. Así que se queren falar ben, afáganse a usar afacer e adoitar. “Antes adoitábase comer bacallau con coliflor na Noiteboa, agora, unha farta de gambóns”
Buscar
18/dic./20 - 02:32
Actualizado:
18/dic./20 - 00:32
18/dic./20 - 00:32
Compartir
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25