• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia comparte coa Rioxa unha xornada de traballo para afondar nas políticas de retorno

Galicia comparte coa Rioxa unha xornada de traballo para afondar nas políticas de retorno

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:22

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros no Exterior do Goberno da Rioxa, Rodrigo Carlo Teijeiro Fussi, presidiron hoxe un encontro no que se puxeron sobre a mesa experiencias comúns neste ámbito acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior

Galicia conta cunha estratexia integral de apoio ao retorno, pioneira en España, que busca o regreso de 30.000 galegos ata 2026 con máis de 100 medidas e un orzamento que supera os 50 millóns de euros

Na reunión participaron os equipos técnicos de ambos departamentos autonómicos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros no Exterior do Goberno da Rioxa, Rodrigo Carlo Tejeiro Fussi, presidiron hoxe un encontro de traballo co obxectivo de poñer sobre a mesa as políticas de retorno de ambas autonomías de cara a profundar e compartir experiencias comúns neste ámbito, acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior. Na reunión participaron os equipos técnicos deste departamento autonómico de La Rioja, así como as tres subdirectoras da Secretaría Xeral da Emigración.Rodrigo Carlo Tejeiro trasladou as iniciativas que se están a desenvolver nestes momentos na Rioxa co obxectivo de atraer o regreso dos emigrantes, mentres, pola súa banda, Rodríguez Miranda explicou aos representantes rioxanos que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2018 un documento que tiña como obxectivo proporcionar instrumentos de atracción para os galegos do exterior así como para a súa incorporación ao mercado laboral, e a súa inserción na sociedade galega. “Dado o éxito desta iniciativa, a finais do ano pasado, ampliouse novamente ata 2026, co obxectivo de favorecer o regreso de 30.000 galegos máis”.O secretario xeral destacou que a continuidade deste programa –a primeira edición foi a primeira estratexia integral de apoio ao retorno posta en marcha en España– busca por unha vía facilitar o regreso a todos aqueles galegos “que teñen dereito” a volver a súa terra, “compensar o saldo vexetativo negativo” que rexistra Galicia, e por outro lado, contar así coa vantaxe competitiva que supón a súa experiencia.O responsable da Xunta de Galicia explicou aos representantes do Goberno de La Rioja as catro áreas en que incide a EGR2026, a laboral é a que aglutina unha maior cantidade de medidas (37), seguida da educativa (30), a social (25) e a de asesoramento, seguimento, coordinación e control (8). O documento inclúe, ademais, un aumento de propostas especificamente dirixidas aos galegos que queiran retornar, que pasan de contar cun orzamento de 15 millóns de euros a 50. A esta cifra hai que sumarlle aquelas medidas que ofrecen algún tipo de incentivo aos galegos do exterior que decidan regresar á súa terra, o que eleva o orzamento total a 450 millóns. Trátase do documento reitor das liñas de actuación para os cidadáns galegos residentes no exterior que, na actualidade, superan o medio millón de persoas, entre emigrantes e os seus descendentes. Recolle, así, as principais liñas de traballo en materia de retorno co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para viviren para as galegas e galegos residentes no exterior. Así mesmo, intensificarase o asesoramento, seguimento e apoio integral ás familias no retorno, e tamén ao emprendemento e ao autoemprego dos galegos retornados, en especial no rural galego; facilitarase o acceso á vivenda a través da incorporación da figura dos retornados as liñas de axuda para alugueiro, rehabilitación e compra; promoverase a continuidade educativa dos retornados e dos seus familiares; e facilitarase a participación nos programas de inclusión sociolaboral, reforzando a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral e apostando por programas de desenvolvemento persoal da xuventude retornada


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar