Comunicación

Xunta de Galicia e CEO trasladan ás empresas que a innovación esta ao alcance de todas elas

  • Unha xornada técnica repasou esta mañá todas as características dos Bonos de Innovación da Xunta de Galicia
  • Dotada con 750.000 euros, a presente convocatoria busca apoiar, especialmente, as empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia de negocio, mediante a contratación de servizos externos
  • Na inauguración participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa
  • A explicación dos detalles da presente convocatoria complementouse coa experiencia de empresas beneficiarias dos bonos en varios sectores
  • Máis dun centenar de asistentes, presenciais e virtuais, atenderon ás explicacións e 16 deles solicitaron asesoramento personalizado ao rematar a xornada

Ourense, 13 de marzo de 2023_ Os Bonos de Innovación convocados recentemente pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, Gain, foron o eixo central dunha xornada técnica en formato mixto desenvolta hoxe na  CEO e retransmitida tamén en directo vía internet que congregou a máis dun centenar de participantes entre as dúas modalidades. 

Antes da explicación da convocatoria actual, Marisol Nóvoa, presidenta da CEO, salientou na súa benvida que ‘ o obxectivo principal deste programa de axudas é o de mellorar, de maneira inmediata a capacidade de innovación e que esta sexa a mellor ferramenta para fomentar e apontoar a competitividade do tecido empresarial galego’ mentres que pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, destacou que o programa conta nesta edición cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar máis dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e pemes.

Con este instrumento, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación trata de apoiar, especialmente, as empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia, a través da contratación de servizos externos de axentes innovadores para conseguir un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo.

Como principais novidades nesta convocatoria, amplíanse os posibles beneficiarios ás entidades do terceiro sector, sempre que teñan actividade económica, e amplíanse as actividades obxecto de axuda, incluíndo actuacións de deseño ou as bonificacións de persoal investigador. Para axilizar a tramitación apóstase por unha maior simplificación administrativa e o prazo de solicitude é de dous meses, que rematará o vindeiro 10 de abril. Por último, as entidades localizadas nos Concellos Emprendedores da Xunta de Galicia contarán con puntuación adicional segundo os criterios de baremación.

O ano pasado foi a primeira vez que se publicou esta convocatoria da cal foron beneficiarias 66 pemes, a maioría delas microempresas e pequenas empresas que non recibiran antes financiamento da Axencia Galega de Innovación. Este ano continúan as tres liñas de apoio do ano anterior, as pemes poden solicitar tódalas liñas ou unicamente algunha delas segundo ás súas necesidades.

A liña 1 está destinada a aqueles gastos para innovar ou levar a mercado as innovacións das pequenas ou microempresas, o ano pasado mobilizáronse máis de 1 millón euros de custo en innovación nos beneficiarios. Doutra banda, unha segunda liña facilita a tramitación das deducións fiscais relativas á I+D+i, de feito os beneficiarios de 2022 certificaron custos en innovación por máis de 2,5 millóns de euros. Salientouse que a convocatoria deste ano, coma novidade, inclúe tamén a tramitación das bonificacións de persoal investigador. Por último, existe unha terceira liña que permite tramitar axudas estatais ou europeas de I+D+i, as empresas que foron apoiadas captaron máis de 4 millóns de euros que supón un retorno de 50 euros por cada euro investido pola Xunta de Galicia.

Na explicación práctica, detalláronse tamén os conceptos subvencionables e non subvencionables, sobre todo na liña 1 e os criterios de valoración, así como os prazos de solicitude, xustificación e resolución por parte da Xunta.

Casos de éxito das empresas beneficiarias

A parte técnica completouse con dúas mesas redondas nas que empresas beneficiarias narraron a súa experiencia innovadora a través da achega destes bonos. Na primeira, puxeron sobre a mesa as experiencias inspiradoras para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes, e participaron Rubén Grande, de Academia Trinidad, Iria Portela, de Lenda Company, e Fátima Fuentes, de Triple Alpha Innovation.

Rubén Grande comentou que o bono lles permitiu testar a posta en marcha, estudo de viabilidade e resultados de iniciar unha canle para persoas maiores, un proxecto que probablemente non levarían a cabo sen esta axuda, polo seu risco. Hoxe en día teñen 40 solicitudes para a contratación deste servizo, mesmo do ámbito internacional.

Iria Portela comentou que a innovación no seu negocio de fabricación de comida para cans e gatos lles permitiu desenvolver con optimización de tempo a formulación e posta no mercado dun produto que os colocou como primeiros do seu sector.

Triple Alpha Innovation é unha consultora que presentou o proxecto colectivo dunha conserveira e unha adega nos que conseguiu optimizar a toma de datos e decisións, segundo relatou Fátima Fuentes.

Na segunda mesa falaron das deducións fiscais e as bonificacións do persoal investigador no que atinxe á liña 2a destas axudas. Axentes intermediarios como as empresas EQA, Leyton e Baltar Abogados informaron sobre os investimentos en I+D+i que teñen dereito a deducións fiscais, concretando as porcentaxes deducibles, os prazos, bonificacións á seguridade social por dedicación de persoal innovador, etc, e expúxose o caso de éxito de aplicación de deducións fiscais de Asenjo Montenegro Vigo Soluciones. 

Ao término da xornada, un total de 16 participantes que o solicitaron na súa inscrición de asistencia, recibiron asesoramento personalizado dos seus proxectos. 

El Kit Digital impulsa en Ourense la transformación digital de más de mil pymes de la provincia

  • José Miñones, delegado del Gobierno en Galicia, y Alberto Martínez, director de Red.es, han visitado esta tarde la oficina Acelera Pyme de Ineo ubicada en la CEO y que asesora en transformación digital desde hace más de un año
  • Directivos de la CEO y de la Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de Información y Comunicación INEO participaron también en esta reunión  
  • Marisol Nóvoa, presidenta de la CEO, resaltó al inicio de la visita el compromiso de la entidad empresarial ourensana con la digitalización de las empresas de la provincia
  • El programa Kit Digital, ampliado hasta finales de 2024 y piedra angular de esta digitalización empresarial, impulsa la transformación 1.350 pymes de la provincia con una inversión de 6 millones de euros procedentes de los fondos del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia

Ourense, 8 de marzo, de 2023_ El delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones, y el director general de Red.es, Alberto Martínez, participaron esta tarde en una visita a la oficina Acelera Pyme de Ineo ubicada en la Confederación Empresarial de Ourense, acompañados también por el subdelegado del Gobierno en la provincia, Emilio González y directivos de las citadas entidades empresariales: por parte de Ineo su vicepresidente y el director de operaciones, Francisco Javier Valdés y Luis Fernández, así como Marisol Nóvoa, presidenta de la CEO, acompañada de representantes de colectivos empresariales, y empresas y agentes digitalizadores de la provincia.

La ampliación del Kit Digital hasta diciembre de 2024 fue uno de los temas de la reunión, así como el balance de las ayudas concedidas por este programa en Galicia, que ascienden a 14.000 bonos digitales a través de una inversión de 65 millones de euros de fondos del Plan de Recuperación. Las cuantías de este kit oscilan entre los 12.000 y 2.000 euros, en función del número de empleados de la pyme o autónomo, y se destinan para implementar soluciones básicas de digitalización.

El director de Red.es, Alberto Martínez, animó a las empresas tecnológicas ourensanas a sumarse a la convocatoria como agentes digitalizadores, piezas fundamentales en el programa que se encargan de ejecutar las soluciones de digitalización en las pymes que reciben la ayuda del Kit Digital. Actualmente, en Galicia hay 561 agentes que son pymes del sector tecnológico.

Por otro lado, las oficinas Acelera Pyme, como la que INEO tiene instalada en la CEO, se encargan de sensibilizar al tejido productivo sobre la transformación digital, e impulsar la esta digitalización en pymes, empresas y personas autónomas y emprendedoras a través de soporte y asesoramiento gratuitos en formato físico o virtual, fomentando la transformación de la economía y la sociedad hacia parámetros y entornos digitales.

Las mujeres conmemoran el 8M en la CEO

  • El patio de la CEO sirvió de escenario para reivindicar esta fecha, que congregó a un nutrido grupo de mujeres procedentes de todos los ámbitos de la sociedad y la empresa
  • Marisol Novoa, presidenta de la entidad, agradeció la participación y el esfuerzo diario de las mujeres para ir avanzando en pro de la igualdad
  • La escritora Rosa María Cid recordó la figura de las mujeres ourensanas.

Ourense, miércoles 8 de marzo_ Con motivo del Día Internacional de la Mujer, el patio de la CEO fue escenario esta mañana de un encuentro al que estaban convocadas mujeres representantes de las esferas socioeconómica y empresarial de la provincia para conmemorar esta fecha tan significativa en la igualdad entre hombres y mujeres.  

El acto estuvo conducido por la presidenta de la CEO Marisol Nóvoa, quien alentó a las presentes a continuar alcanzando espacios de igualdad y recordó ‘que queda todavía mucho con conseguir, pero vamos en el buen camino’. Tras su intervención, la escritora y docente Rosa María Cid Galán dedicó también unas palabras a las asistentes, centradas sobre todo en la experiencia de publicar el libro ‘Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente. Mestras e comprometidas co galeguismo’ y la historia de estas dos hermanas reivindicativas que despuntaron en la provincia en el primer tercio del siglo pasado como pioneras de la presencia de la mujer en los movimientos culturales y políticos de la época. Todas las personas asistentes recibieron un ejemplar de este libro, donado por la Diputación provincial, y una rosa cortesía de la floristería El Jardín.

Entre las asistentes al acto se encontraban directivas de la entidad empresarial así como trabajadoras, y también representantes de muchos y variados colectivos y sectores de la provincia, como industria, comercio, artesanía, librería, pulpeiras, floristerías, hostelería, peluquería y estética, formación, limpieza, centros comerciales abiertos, audiovisual, construcción, centros de formación de estética, funerarias, zapaterías, pastelerías, instalaciones eléctricas, ópticas, gestorías y asesorías, parques empresariales, agencias de viajes, interiorismo y un largo etcétera hasta completar más de medio centenar de asistentes, que acudieron también desde otros concellos de la provincia.

Los E-escaparates muestran en la CEO prácticas y modelos de éxito del comercio electrónico gallego

  • El Cluster Ecommerce Galego inicia sus actividades con estas sesiones denominadas E-escaparates, que llevará a otras ciudades gallegas 
  • Marisol Novoa, presidenta de la CEO, destacó en su intervención las características de este tipo de comercio y la necesidad de que conviva y se complemente con el tradicional
  • Xosé Luis Reza, presidente del cluster, hizo referencia al objetivo de acercar el ecommerce a empresas, entidades e instituciones gallegas a través de estos E-escaparates

Ourense, 7 de marzo, 2023_ Los E-escaparates nacen con el objetivo de convertirse en un espacio para mostrar las estrategias de éxito de distintos ecommerces gallegos, comprtir el know-how y servir de inspiración para futuros ecommerces en el sector empresarial gallego. Esta asociación, el Cluster Ecommerce Gallego, nacida en mayo de 2022, celebró en la CEO la primera edición de los E-escaparates contando para ello con 3 ponentes de empresas destacadas en este ámbito.

Previamente, representantes de las dos entidades, Marisol Nóvoa por la CEO y Xosé Luis Reza por el Cluster, destacaron en la apertura de la jornada las características e importancia de este tipo de comercio que ‘ha transformado el sector y la forma de comprar del consumidor, una realidad que está empujando fuerte y con la que el comercio tradicional tiene que complementarse y convivir’, trasladó la presidenta de la CEO Marisol Nóvoa. Xosé Luis Reza, presidente del Cluster, hizo alusión a los objetivos de esta asociación y resaltó que ‘los E-escaparates nacen con la intención de mostrar los casos de éxito y trasladar el buen hacer del comercio electrónico al tejido productivo gallego’.

La sesión de hoy contó con 3 ponencias que comenzaron con la intervención de José Manuel Regueiro de Grupo Raíz. Bajo el título ‘Cómo escalar en tu ecommerce’, Regueiro definió las tiendas online solo como el punto de partida para la venta en internet, y que la meta consiste en conseguir tráfico para la misma: ‘No podemos esperar a que los clientes aparezcan en nuestro escaparate, hay que averiguar dónde están y atraerlos a nuestra tienda’.

Bodegas.Bio y Roberto Verino fueron las otras dos empresas cuyos representantes participaron en la exposición de modelos de éxito; en el primer caso, Carlos Vázquez introdujo la experiencia del ‘Ecommerce en un nicho de mercado para la pequeña empresa’ y destacó la importancia del SEO -en el que basan su estrategia de crecimiento- en un producto como el vino ecológico, del que aseguró tiene expectativas de futuro.

Por último, Pablo Aranda, director digital de Roberto Verino, intervino en la ponencia sobre ‘Ecommerce en gran empresa y negocio tradicional’ en la que hizo referencia a la adaptación de procesos y nuevos canales de venta con la incorporación del ecommerce en una empresa tradicional, la transformación de procesos y la mejora que eso supone, además, definió el comercio electrónico como uno de los tractores de la transformación digital de las empresas.

Cluster Ecommerce Gallego

Este cluster nace en mayo de 2022 como la reunión de empresas gallegas que venden en internet, un grupo de firmas con objetivos y necesidades comunes que comparten a través de esta entidad conocimiento, experiencia y herramientas. Entre sus fines está incentivar, apoyar y promover el desarrollo y expansión del comercio electrónico; compartir experiencias y aprendizajes en este ámbito y fomentar la colaboración con otras entidades, empresas u organizaciones para promocionar este tipo de comercio. Empresas ourensanas como Aceites Abril o Roberto Verino forman parte de esta asociación desde el momento de su creación el pasado año.

Cómo dejar de ser invisible en internet

Ourense, 28 de febrero, 2023_ A la hora de posicionarse en internet como marca hay que tener en cuenta muchos factores para no ser invisible o para destacar sobre otras propuestas similares. Qué es lo que hace que una marca se muestre profesional en internet o por qué las marcas quieren ser cada vez más humanas son algunas de las cuestiones desarrolladas hoy en la jornada online convocada por la CEO dentro del ciclo de Nexos encuentros por Ourense, que cuentan con el apoyo de Abanca para celebrarse.

Las recomendaciones para que los clientes te busquen y encuentren en la red o cómo la voz sirve para atraer a gente que empiece a valorar lo que hace tu empresa también fueron puntos desgranados por Jesús Pérez Santiago, especialista en comunicación a través de podcast quien explicó cómo desde el universo podcast se generan relaciones con el público mucho más intensas que desde las redes sociales.

Esta nueva jornada de Nexos Encuentros por Ourense abordó hoy éstas y otras cuestiones bajo el título ‘La principal razón para que tu marca deje de ser invisible en internet en 2023’. Jesús Pérez, autor del podcast ‘Comunicar, más que hablar’ expuso que la mayoría de las marcas tienen miedo a perder clientes por el hecho de exponerse en internet ante la posibilidad de cometer errores y estar en el foco público, algo que les aterra. Además, cada vez los clientes demandan marcas más humanas y cercanas, por lo que es imprescindible usar herramientas que logren ese fin de acercarlas más al público objetivo.

En este caso, apuntó el ponente, el podcast es una vía de conexión y de crear un ecosistema que permite conocer mejor a los clientes y que ellos valoren y admiren la marca como profesional. Y explicó, además, que hay 3 pasos clave para generar influencia a través de los contenidos: el primero es conocer al público objetivo, el segundo, compartir contenido de forma estratégica y el tercero, crear conexiones y generar relaciones a través de los contenidos.

La jornada fue introducida por Marisol Nóvoa, presidenta de la CEO, quien justificó el tema de esta mañana porque ‘la tecnología y las nuevas formas de comunicar están estrechamente ligadas con el marketing y la promoción de las marcas y negocios en internet’. Marisol Nóvoa estuvo acompañada de los directivos de Abanca José Manuel Nogueiras y Mateo Alonso, quienes coincidieron en destacar el interés de temas relacionados con la tecnología

Por su parte, Nogueiras destacó el ‘éxito consolidado de estas charlas que siempre acerca temas de interés al colectivo empresarial’.

El objetivo de estas charlas es mantener al día a empresarios y empresarias de las novedades y temas que afectan a su actividad y en los que deben actualizarse como el entorno tecnológico tan cambiante hoy por hoy, con el fin de vigilar estos cambios y adaptarse a ellos satisfactoriamente.

La CEO y CEVAL consolidan su relación en beneficio del tejido empresarial transfronterizo

  • Ceval representa a las organizaciones empresariales de la región lusa de Alto Minho
  • Marisol Novoa destacó en su intervención la importancia de esta colaboración para afrontar los retos actuales del panorama económico y seguir trabajando en proyectos transfronterizos
  • José Luis da Rocha, presidente de CEVAL, destacó el excelente clima de colaboración entre ambas entidades

Ourense, 23 de febrero, 2023_ El acto de firma de esta mañana entre las organizaciones empresariales ourensana y la representativa del Alto Minho reforzó la línea de colaboración que estas entidades vienen manteniendo desde hace años, sobre todo en el ámbito de la cooperación en proyectos europeos desarrollados entre el tejido empresarial de ambos lados. Por parte de la confederación ourensana acudió su presidenta, Marisol Nóvoa, a quien acompañó su homólogo en Ceval, José Luis da Rocha, así como el vicepresidente de la entidad lusa, Agostinho Boalhosa.

Ceval aglutina a las entidades empresariales de esta región portuguesa, en concreto las de los municipios de Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Monçao, Melgaço, Ponte da Lima, Valença y Viana do Castelo; y, al igual que la CEO forma parte también de Confminho y del Eures Transfronterizo Galicia – Norte de Portugal. 

Mantener esta alianza y fortalecerla es el objetivo de la firma de este convenio, además de, en palabras de Marisol Nóvoa, ‘establecer la articulación de nuevas vías de cooperación que refuercen la industrialización de la Eurorregión y adaptación de su tejido productivo a las necesidades y condiciones de competitividad actuales, que pasan por la digitalización, la economía circular, la transición energética y el cumplimiento de los objetivos de desarrollo sostenible, entre otros’.

Por su parte, el presidente de CEVAL, José Luis da Rocha, hizo alusión a la histórica cooperación entre las entidades y, en general, entre el tejido empresarial transfronterizo, y calificó el acuerdo firmado como ‘catalizador de esta colaboración y de la relación de ambas entidades para fortalecer los proyectos y la colaboración transfronteriza’.

La presidenta de la CEO aprovechó la firma de este acuerdo para hacer repaso de los proyectos en los que ambas entidades han colaborado a lo largo de los años, iniciativas con fondos europeos que han actuado en ámbitos como la internacionalización de las pymes de la Eurorregión, la gestión inteligente y sostenible de la energía para la competitividad de las empresas, sistemas de eficiencia energética, la exploración conjunta de nuevas oportunidades de negocio, o la trasferencia, adaptación y mejora de herramientas de evaluación para el aprendizaje a distancia.

El acuerdo firmado esta mañana apuesta por mantener una colaboración permanente en cuanto a información, asistencia y promoción de proyectos y actividades entre los integrantes de ambas entidades, acciones que contribuyan al desarrollo de territorios y empresas. Además, trabajará en la identificación y eliminación de barreras a la libre circulación de servicios y profesionales que puedan impedir el desarrollo de actividades a uno u otro lado de la raia, así como en la promoción de estudios y proyectos en materia de movilidad y libre circulación de trabajadores y empresas en el ámbito territorial de la Eurorregión.

Ambos representantes coincidieron en la oportunidad de esta coalición para seguir trabajando conjuntamente por el desarrollo económico y empresarial del territorio de influencia de la Eurorregión Galicia Norte de Portugal.

La CEO pone en marcha un reto para recopilar las ideas con mayor potencial transformador de la provincia

  • El Laboratorio de Iniciativas Sostenibles de la CEO trabajará este año sobre ideas motivadoras para mejorar el futuro de la provincia
  • El ‘Reto de iniciativas para Ourense’ ha superado el objetivo previsto de 100 para toda la jornada, recopilando 181 ideas en la sesión matinal con las que construir un territorio más sostenible.
  • Desde hoy y hasta septiembre se trabajará sobre las mejores ideas y las personas interesadas podrán llevarlas a la práctica para generar oportunidades de negocio
  • Las propuestas girarán en torno a bloques temáticos sobre la llegada del AVE, el carácter transfronterizo de Ourense, la tercera edad y el turismo sostenible

Ourense, 15 de febrero, 2023_En la sesión matinal de la jornada de arranque de este desafío se han recopilado un total de 181 ideas, superando el objetivo previsto de 100 para toda la jornada, sobre las que el Laboratorio de Iniciativas Sostenibles de la CEO continuará trabajando para lograr llevar a la práctica el mayor número posible de ellas. La jornada de hoy sirvió para trabajar sobre este nuevo desafío del Laboratorio de Iniciativas Sostenibles, pero también para presentar las actividades que se realizarán desde ahora y hasta septiembre, fecha en la que se darán a conocer los resultados.

En el acto de presentación de esta mañana participaron Marisol Nóvoa, presidenta de la CEO, Margarita Ardao, directora xeral de Emprendimento e Apoio ao Emprego, y Daniel Diéguez, conductor y promotor del desafío. Marisol Nóvoa destacó en la apertura de la jornada el momento idóneo ‘para desarrollar ideas sobre temáticas tan importantes para la provincia de Ourense’ y recordó que ‘la CEO como impulsora del proyecto a través de la Red Eusumo, pretende impulsar el potencial transformador y continuar trabajando en pro del desarrollo sostenible y la economía social, poniendo el foco de acción en las personas y el entorno’.

Por su parte, Margarita Ardao, destacó los valores de las cooperativas y el apoyo que la Xunta de Galicia ofrece a esa forma jurídica que aporta valor en territorio, siendo la opción más resistente en época de crisis. Además de elogiar el enfoque intergeneracional del Laboratorio de Iniciativas Sostenibles de la CEO.

Dinámica y contenidos

La dinámica de este reto comenzó hoy en la CEO a primera hora de la mañana con la colaboración de los participantes, que trabajaron con el único objetivo de recopilar el mayor número de ideas que sirvan para transformar Ourense en un territorio cada vez más sostenible. Este reto de las ideas es sólo el principio de una planificación más amplia que va hasta el mes de septiembre y que se desarrollará a través de actividades y encuentros, para detectar aquellas ideas que sean más factibles para convertir en oportunidad de negocio.

Las ideas aportadas por los grupos de trabajo se clasificarán en cuatro temáticas: la llegada del AVE, el factor transfronterizo de Ourense, nuestros mayores y el turismo sostenible. Alrededor de estos ejes orbitarán todos los trabajos posteriores, hasta que en septiembre se presenten los resultados finales en un último evento. Por el camino, según explicaba el planificador de los contenidos, Dani Diéguez, se realizarán distintas actividades y grupos de trabajo y, además, quien esté interesado en emprender o desarrollar una actividad profesional a partir de alguna de las ideas, recibirá el asesoramiento y la asistencia técnica necesaria para llevarlo a cabo.

Diéguez destacó que hasta el mes de septiembre se realizarán encuentros sobre cada uno de los ejes temáticos descritos y en distintas zonas de Ourense para desarrollar las ideas iniciales y llegar a todos los rincones, de manera que este desafío recorra toda la provincia. Según su explicación, este desafío pretende detectar oportunidades, trabajarlas y que los y las emprendedoras puedan desarrollarlas como idea de negocio.

La CEG urge la conexión ferroviaria Vigo-Oporto: “Esperamos que España priorice un servicio adecuado al Eje Atlántico, al igual que lo ha hecho ya Portugal”

El presidente de la Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites,  incide en que hay que tener en cuenta que más de 14.000 trabajadores y 48.500 vehículos cruzan cada día la frontera entre Galicia y Norte de Portugal. “Es necesario dar respuesta adecuada a esta realidad”.

Otro aspecto estratégico abordado, en el encuentro, ha sido el energético: “La importancia de potenciar las oportunidades entre Portugal y España indica que tenemos la capacidad de ser un punto de entrada de energía y ser proveedores de energías renovables para Europa, y para ello, debemos tener conexiones e infraestructuras potentes”.

Santiago de Compostela, 13 de febrero de 2023.- La Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ha organizado un encuentro con el embajador de Portugal en España, João António da Costa Mira Gomes, y empresarios gallegos.

El presidente de la CEG, Juan Vieites, recalcó el especial interés de la visita, tanto por la figura del embajador y su visión estratégica y global para entender las relaciones internacionales y la posición de España y Portugal en la Unión Europea y a nivel mundial, como por las relaciones entre Galicia y Portugal en el marco del mercado único europeo.

Vieites puso de manifiesto la importancia de esas relaciones y del impulso que ha supuesto la creación del mercado interior europeo, que este año celebra su 30 aniversario y las diferentes políticas comunitarias, con especial mención a la política regional, que han abierto un ámbito de colaboración y cooperación en la esfera pública que permite ordenar y perseguir objetivos comunes para la Península Ibérica y promover soluciones conjuntas a cuestiones de gran relevancia.

La CEG trabaja a través de dos redes europeas, estrechamente con socios de Portugal, como la propia AEP o Confminho, en conocer la realidad de la movilidad de trabajadores y empresas entre ambos países y sobre todo contribuir a solucionar los obstáculos que aún persisten a la movilidad de personas para trabajar o para residir y a la movilidad de las empresas que prestan servicios al otro lado de la frontera, bien con establecimiento permanente bien en libre prestación de servicios.

“La red EURES y la Enterprise Europe Network, de las que somos socios, son un paraguas y apoyo fundamental a esta movilidad y en ello seguiremos trabajando”, ha señalado el presidente de la CEG, Juan Manuel Vieites.

Cabe recordar que la CEG coordina, precisamente en el marco del EURES Transfronterizo Galicia-Norte de Portugal, la elaboración de un informe con carácter anual, recogiendo y sistematizando fuentes y datos para conocer mejor la movilidad. Además, es la única organización empresarial que cuenta con una consejera EURES en España, un personal altamente especializado e integrado en la Red EURES, que presta servicios de información y asesoramiento a las empresas de Galicia en materia de movilidad transfronteriza.

“José Antonio Dacosta es europeísta y conoce bien las relaciones e intercambios que tienen lugar en nuestra frontera. En el caso de Galicia y Portugal las relaciones son de especial relevancia por transfronterizas y transnacionales en el marco del mercado único europeo”, ha subrayado.

INFRAESTRUCTURAS DE TRANSPORTE

“España y Portugal tienen retos comunes en los que deben cooperar y trabajar conjuntamente para alcanzarlos. En primer lugar, y ya lo he dicho en más de una ocasión, la situación geográfica de la eurorregión, en la parte más occidental de Europa, podría ser una ventaja si contamos con unas infraestructuras de transporte adecuadas, que nos permitan ser un nodo de conexión intercontinental, teniendo en consideración nuestra posición geoestratégica en las vías marítimas. Por ello, un menor acceso al ferrocarril reduce el crecimiento económico y la atracción de inversión y, por consecuencia, afecta negativamente a las oportunidades para nuestro crecimiento económico y para la creación de empleo, así como para acometer el reto demográfico que tenemos por delante. Es clave agilizar la renovación de la conexión ferroviaria de Galicia y Portugal”, ha urgido Vieites.

Para el presidente de la CEG la conexión no supone una amenaza, sino una gran ventaja. “Vigo y Oporto deben estar cuanto antes conectados en el entorno de una hora y media y adecuar a los tiempos y necesidades esa conexión que existe desde 1886. Es una paradoja que pese a que España tiene la segunda mayor red de alta velocidad del mundo después de China, haya quedado fuera la conexión entre España y Portugal. Es necesario dar servicio adecuado al eje atlántico desde Lisboa hasta Galicia. Esperamos que España priorice, al igual que lo ha hecho ya Portugal la conexión ibérica por Oporto – Vigo”.

Hay que tener en cuenta que más de 14.000 trabajadores y 48.500 vehículos cruzan cada día la frontera entre Galicia y Norte de Portugal. “Es necesario dar respuesta adecuada a esta realidad”.

Otro aspecto estratégico abordado, en el encuentro, ha sido el energético. El Gobierno portugués ha realizado una inversión cercana a los 17.000 millones de euros en energías renovables en los últimos años. Portugal y España están en un mercado común eléctrico. “La importancia de potenciar las oportunidades entre Portugal y España indica que tenemos la capacidad de ser un punto de entrada de energía y ser proveedores de energías renovables para Europa, y para ello, debemos tener conexiones e infraestructuras potentes”, ha incidido.

CORREDOR HIDRÓGENO

El Gobierno de España ha garantizado que Galicia no se queda fuera del corredor de hidrógeno verde que comunicará Portugal, España, Francia y Alemania, el conocido como H2Med.

“Galicia es una potencia dentro del sector del hidrógeno, con un sector tanto privado como público que funciona. Pero necesitamos estar conectados y no aislados. Hay muchos más ámbitos de colaboración estratégica entre nuestros países: Medio ambiente, la agenda digital, el sector agroalimentario, el turismo, la pesca y las infraestructuras. De entre los principales socios económicos de Portugal es con España con quien se están recuperando de forma fuerte y dinámica. Portugal es indiscutiblemente un socio estratégico para Galicia y España, para defender intereses comunes en la Unión Europea y para posicionarnos en los diferentes mercados”, ha explicado.

La presidenta de la CEO, Marisol Novoa Rodríguez, ha participado en la distinción de José Quiroga como Fillo Predilecto da provincia de Ourense

La presidenta de la CEO, Marisol Novoa Rodríguez, ha participado en la distinción de José Quiroga como Fillo Predilecto da provincia de Ourense como “unha figura vital no desenvolvemento do autogoberno galego”. El acto se llevó a cabo el 10 de febrero en el salón de plenos de la Deputación de Ourense.

Manuel Baltar, que presidiu o solemne acto celebrado este mediodía no Pazo Provincial, afirmou que con esta distinción ao médico e expresidente da Xunta de Galicia (Petín, 1920 – A Rúa, 2006) recoñécese a un «cidadán preocupado polo progreso e o benestar de Galicia, un partícipe da cousa pública que exerceu con total entrega e dedicación»

O presidente do goberno provincial enmarcou ao homenaxeado no «comportamento ético e telúrico» comezado polas Irmandades da Fala: «Un longo camiño que serviu de guía a un médico, a un defensor do segundo Estatuto e a un nobre presidente dunha Xunta que carecía de case todo, pero que soubo suplir as dificultades con valentía e dignidade»

Alfonso Rueda enxalzou a talla «física, moral e política» dunha figura que, sen esquecer nunca os seus deberes como médico e como pai de familia, foi «capaz de emprender un camiño cheo de incertezas como foi o da construción do autogoberno galego e a redacción do Estatuto de Autonomía»

O profesor Barreiro Rivas, encargado da laudatio, definiu a Quiroga coma un  «home sinxelo, que fixo o que cría que tiña que facer sen buscar nunca méritos, e que nos deixou en herdanza unha autonomía aparentemente pobre pero co potencial que hoxe vemos»

Ourense, 10 de febreiro de 2023.- O expresidente da Xunta de Galicia e médico José Quiroga Suárez (Petín, 1920-A Rúa, 2006) recibiu hoxe a título póstumo a distinción de Fillo Predilecto da provincia, «como homenaxe e recoñecemento do pobo de Ourense a un dos grandes prohomes da autonomía galega e figura vital no desenvolvemento do autogoberno», que coa súa contribución «acadou para Galicia catro décadas de benestar e progreso», segundo recolle a acta do expediente de honras.

A familia do político ourensán recolleu o título nun solemne acto celebrado este mediodía no salón de plenos da Deputación de Ourense, copresidido polos presidentes do goberno provincial, Manuel Baltar, e da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañados polo presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; familiares do homenaxeado; os alcaldes de Petín -Raquel Bautista- e A Rúa -Álvaro Fernández-; representantes da provincia no Congreso e o Senado; parlamentarios autonómicos, cargos institucionais e membros da corporación provincial.

Na súa intervención, Manuel Baltar definiu a José Quiroga como un «cidadán preocupado polo progreso e o benestar de Galicia, un partícipe da cousa pública que exerceu con total entrega e dedicación». Quiroga Suárez desenvolveu, sinalou o presidente do goberno provincial, «con decisión as responsabilidades para as que foi escollido, sen facer da política unha mera ambición persoal, aportando a humanidade da súa vocación médica ó exercicio da acción pública. Actuou sempre así, dende o compromiso cos seus veciños de Valdeorras ata a alta responsabilidade de ser o segundo presidente do Goberno de Galicia».

Manuel Baltar enmarcou a traxectoria de Quiroga -«un Fillo ilustre da Ourensanía»-, na liña de pensamento do compromiso galeguista representando polos ourensáns Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Castelao e o poeta Ramón Cabanillas, «que transformaría, dende Ourense, o concepto cultural e político de Galicia».

«Non rachar con nada, aspirar a todo»

O presidente da Deputación reflexionou, parafraseando a Barreiro Rivas e ao seu libro «A terra quere pobo», arredor dese «fatalismo histórico» de Galicia construído a partir do «encontronazo  entre unha cultura tradicional e inmobilista cun contexto político, social e económico suxeito a fortes e ben orientadas dinámicas». Este choque, valorou Manuel Baltar, orientou o pensamento dos homes de Nós: «Participar, como pobo autoidentificado, como nación cultural, no diálogo e no desenvolvemento global das culturas, das economías e dos procesos políticos. Non rachar con nada, aspirar a todo».

Manuel Baltar situou a Quiroga no «comportamento ético e telúrico» comezado polas Irmandadades da Fala e que «se fixo visible e acadou altura intelectual cos homes de Nós, que continuou na política co Partido Ourensán Republicano, integrado en 1932 no Partido Galeguista, que remontou a terrible traxedia da guerra civil e da ditadura dende a outra beira do Atlántico, dende Bos Aires». Unha liña política, sinalou o presidente, «retornada co mesmo espírito, pero en diferentes circunstancias, na transición democrática, cos  grupos políticos afíns a Euloxio Gómez Franqueira, militante da Mocidade Galeguista antes da guerra civil e cabezaleiro dunha idea e dunha praxe agrupada en Coalición Galega. Despois viría Centristas de Galicia, formación orientada por un gran amigo de José Quiroga, Victorino Núñez».

«Ese longo camiño, con idas e voltas, con longas rectas e reviravoltas», rematou o presidente da Deputación, «serviu de alento a un médico entregado, que chegaría a ser o valedor e a voz defensora, perante o Senado, do segundo Estatuto de Autonomía de Galicia; nobre e sacrificado presidente dunha Xunta que carecía de case todo, pero que soubo suplir as dificultades e os atrancos con valentía e dignidade».

Alfonso Rueda enxalzou a «talla moral e política» de Quiroga e recoñeceu a «todos os que traballaron polo autogoberno galego con poucas ferramentas e escasos recursos»

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou na súa intervención a talla «física, moral e política» dunha figura que sen esquecer nunca os seus deberes como médico e como pai de familia foi capaz de emprender un camiño cheo de incertezas como foi o da construción do autogoberno galego e a redacción do Estatuto de Autonomía. Asegurou que a homenaxe a Quiroga era tamén un recoñecemento a todos as figuras que traballaron polo autogoberno de Galicia «con poucas ferramentas e moi escasos recursos».

O presidente do Goberno galego loou tamén o carácter construtivo e dialogante daquela xeración de políticos que, nos tempos da Transición e por encima das diferenzas, «tiñan o obxectivo común de conseguir unha Constitución para España e un Estatuto para Galicia».

Alfonso Rueda tamén aproveitou o acto para render homenaxe aos que lle precederon na presidencia da Xunta. «Os galegos teñen unha galería de presidentes da que poden sentirse orgullosos -asegurou-. Con independencia da súa cor política, a todos fai falta render tributo porque todos achegaron á obra común que chamamos Galicia».

O seu fillo José Ramón: «O que máis aprendimos del foi a importancia da familia»

En representación da familia, o fillo do homenaxeado José Ramón Quiroga Gayoso recordou ao seu pai coma un «medico rural dedicado permanentemente á súa familia, e ocasionalmente á política», do que «aprendimos a importancia da familia, e que a familia pode con case todo».

Quiroga Gayoso agradeceu, en nome da súa familia, «a todos os que fixeron posible este acto, en especial ao presidente Manuel Baltar, aos alcaldes da Rúa e Petín, e ao senador Miguel Bautista -tamén presente no acto-«.

O profesor Barreiro Rivas: «Foi un home sinxelo que fixo o que cría que tiña que facer sen buscar nunca méritos»

O profesor e escritor Xosé Luís Barreiro Rivas foi o encargado da laudatio, poñendo en valor a evolución da xeración española «que mantivo a ilusión de construír un país novo, da que foi parte José Quiroga dun xeito activo durante o franquismo e nese bendito proceso que foi a Transición».

Barreiro Rivas definiu ao homenaxeado como un home «bo e xeneroso, que lle entregou a autonomía de Galicia a unha xeración que naquel momento non o soubo valorar en toda a súa profundidade». E puxo en valor a figura dun «home sinxelo, que fixo o que cría que tiña que facer sen buscar nunca méritos, e que nos deixou en herdanza unha autonomía aparentemente pobre pero co potencial que hoxe vemos».

O profesor concluíu a súa laudatio lembrando a «Boris Godunov» de Aleksandr Pushkin para reivindicar, citando a obra do poeta ruso,  «cambiar o mundo pero conservando as costumes, porque as costumes son a alma da nación».

«Médico por vocación e político por devoción»

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, en calidade de instrutor do expediente de honra, deu lectura as «meritorias circunstancias persoais e profesionais» que concorren en José Quiroga para a concesión do título, aspectos «determinantes para avaliar as grandes calidades que honran a este persoeiro».

Rosendo Fernández repasou a traxectoria profesional de Quiroga Suárez, «médico por vocación e político por devoción», comezando polo exercicio da medicina que practicou na vila de A Rúa durante 50 anos, mesmo compatibilizando esta faceta coa súa intensa vida pública. Alcalde de Petín entre 1953 e 1956, implicouse no ámbito político tralo remate do franquismo. Foi conselleiro de Sanidade (1977-1979) e presidente da Xunta de Galicia desde xuño de 1979 ata xaneiro de 1982, período no que lle tocou crear as bases da actual estrutura política da comunidade e no que se redactou e aprobou o Estatuto de Autonomía para Galicia. En 1977 converteuse no senador máis votado de Galicia, mantendo este cargo ata 1986. En marzo de 1981 foi o encargado de defender a ratificación do Estatuto galego na Cámara Alta, afirmando entón que esa ocasión «supone tan grande honor que, por sí solo, justifica una vida».

O solista da Real Banda de Gaitas da Deputación, Marco Foxo, realizou o acompañamento musical do acto, interpretando a «Marcha do Antergo Reino de Galicia», no comezo, «Concierto de Aranjuez», na entrega do título de fillo predilecto da provincia, e pechando o acto coa interpretación de «Ourense no Solpor

Un político decisivo na historia contemporánea de Galicia

A biografía de José Quiroga é unha parte fundamental do desenvolvemento político da Galicia democrática. Nacido en 1920 nunha familia de tradición liberal-conservadora, licénciase en Medicina na Universidade de Santiago con premio extraordinario de fin de carreira e diplómase en Cardioloxía pola Universidade de Barcelona. Despois, Quiroga volta a súa terra para traballar na consulta do seu pai. Este vencello a Galicia -e máis concretamente á provincia de Ourense e a súa comarca, Valdeorras- vehiculará toda a súa traxectoria pública e profesional. Tras abrir un consultorio na Rúa, é alcalde deste municipio entre 1953 e 1956. A súa carreira política da un novo pulo coa fundación de Acción Política Orensana xunto a Eulogio Gómez Franqueira, grupo que se unirá primeiro ao Partido Popular de Pío Cabanillas e despois á UCD de Adolfo Suárez.

Coa constitución da Xunta de Galicia preautonómica, José Quiroga asume un papel capital na política galega. Foi conselleiro de Sanidade na etapa de Antonio Rosón (1977-1979), ao que relevará ao fronte do goberno galego. Presidente da Xunta de Galicia desde xuño de 1979 ata xaneiro de 1982, vive en primeira persoa a aprobación do Estatuto de Galicia e a progresiva construción da institución autonómica.

En paralelo mantivo un papel destacado en Madrid. Na lexislatura constituínte de 1977, José Quiroga convértese no senador máis votado de Galicia. Na Cámara Alta estará ata 1986. Tres lexislaturas nas que o valdeorrés realizará unha intensa actividade en materias de sanidade, dereitos humanos ou na comisión do Defensor del Pueblo.

José Quiroga militou posteriormente en Coalición Galega e Alianza Popular. E sempre mantivo aberta a súa consulta na Rúa ata a súa xubilación. Ese medio século de profesión médica axuda a completar o perfil dun home familiar, cunha potente vertente académica e que deixou un profundo recordo entre os seus veciños. Morreu en 2006, co recoñecemento colectivo de contribuír dun xeito decisivo a Galicia dende posicións moderadas, mantidas dun xeito coherente ao longo de toda a súa vida.

A CEO acolleu hoxe a presentación do primeiro mapa de apoios conxunto á innovación

A XUNTA CONVIDA As pemes ourensás A PARTICIPAR No programa de bonos de innovación para GAÑAR EN COMPETITIVIDADE

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, adiantou nunha xornada desenvolta na Confederación Empresarial de Ourense que o Diario Oficial de Galicia (DOG) prevé publicar mañá a nova convocatoria desta iniciativa
  • Dotada con 750.000 euros, búscase apoiar, especialmente, as empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia de negocio, mediante a contratación de servizos externos
  • O celebrado hoxe é o primeiro de oito encontros nos que se explicarán os distintos instrumentos de apoio da Administración autonómica á I+D+i nas catro provincias e enfocados a distintos sectores 

Ourense, 8 de febreiro de 2023.- A sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu hoxe a xornada de presentación do Mapa conxunto de axudas da Xunta de Galicia á I+D+i, co que se ofrece unha visión completa dos apoios dos diferentes departamentos da Administración autonómica neste eido, facilitando así o acceso a este tipo de programas, especialmente ás pemes.  A presidenta da entidade, Marisol Nóvoa, abriu o acto para lembrar que ‘a CEO está a carón das empresas da provincia para axudalas nestes procesos de identificar o potencial innovador e tramitar as axudas máis axeitadas para cada caso’ .

A continuación, na súa intervención, Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, destacou que mañá está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) dunha nova convocatoria dos Bonos de innovación que contan nesta edición cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar más dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e pemes. Con este instrumento, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación trata de apoiar, especialmente, as empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia, a través da contratación de servizos externos de axentes innovadores para conseguir un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo.

Como principais novidades nesta convocatoria, amplíanse os posibles beneficiarios ás entidades do terceiro sector, sempre que teñan actividade económica, e amplíanse as actividades obxecto de axuda, incluíndo actuacións de deseño ou as bonificacións de persoal investigador. Para axilizar a tramitación apóstase por unha maior simplificación administrativa e o prazo de solicitude é de dous meses. Por último, as entidades localizadas nos Concellos Emprendedores da Xunta de Galicia contarán con puntuación adicional segundo os criterios de baremación.

En total, o documento presentado hoxe inclúe 38 instrumentos de apoio de seis consellerías a través dos que se prevé mobilizar en 2023 preto de 400 millóns de euros. Este mapa é o resultado do traballo da Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta de Galicia, un órgano creado no ano 2021 co obxectivo de potenciar a planificación e coordinación dos obxectivos, actuacións, instrumentos e fondos da Comunidade en materia de I+D+i. Os apoios recollidos neste mapa, vertebrados en base ás prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, cobren todas as etapas e axentes da I+D+i: desde o emprendemento e a innovación empresarial, ata a contratación de persoal para realizar tarefas de I+D+i, pasando pola proxección exterior e a internacionalización, a colaboración entre axentes e o fortalecemento dos centros tecnolóxicos e de coñecemento.

Próximas xornadas

Esta xornada, que se enmarca no ciclo de Networkings Galicia Empresa organizados pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, terá continuidade con cadansúa xornada nas distintas provincias, en colaboración coas respectivas confederacións empresariais. En concreto, os seguintes networkings terán lugar o 17 de febreiro en Vigo; o 22 de febreiro en Lugo e, finalmente, o 28 de febreiro na Coruña.

No evento celebrado en Ourense explicáronse as axudas das distintas consellerías da Xunta de Galicia dirixidas a autónomos e pequenas e medianas empresas e expuxéronse casos de éxito de empresas que foron capaces de mellorar a súa competitividade a través destes incentivos da Xunta de Galicia. Así, participaron Academia Trinidad, especializada en prestar servizos TIC de consultoría e formación; Humara, que traballa na dixitalización da industria da reciclaxe e do tratamento de residuos; e Sertogal, empresa de enxeñaría e topografía.

Así mesmo, está prevista a celebración de diferentes xornadas sectoriais na sede da Axencia Galega de Innovación e en liña nas seguintes datas: 2 de marzo centrada en “A innovación social como panca do benestar da sociedade galega”; 8 de marzo, “A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade”; 15 de marzo, “O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial” e o 22 de marzo, “O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación”.