REUNIÓN DE CÁMARAS DO ARCO ATLÁNTICO NA CIDADE DE PORTO PARA AFONDAR NA COLABORACIÓN INTERREXIONAL

05/02/2024

A Cámara de Comercio de Santiago, xunto co resto de Cámaras do Arco Atlántico, reuníronse en Porto para continuar avanzando no reforzo dos mecanismos de cooperación intercameral e interinstitucional que contribúan a traballar de maneira conxunta nos retos económicos, sociais e medioambientais aos que se enfrontan as rexións que compoñen o Arco Atlántico, tal e como acordaron na Declaración das Cámaras de Comercio do Arco Atlántico que asinaron o pasado mes de xuño en Bilbao.

A xornada reuniu á Cámara de Santiago de Compostela, A Coruña, Álava, Asociación Empresarial de Portugal / Cámara de Comercio e Industria, Avilés, Bayona, Bilbao, Burdeos, Burgos, Cantabria, Xixón, Guipuzkoa, Lugo, Navarra, Oviedo, Torrelavega e Tui.

A benvida ao acto correu a cargo do administrador da EP, Paulo Vaz, do presidente de CCDR-N, António Cunha; e do presidente da Cámara de Comercio de Bilbao, José Ignacio Zudaire, por exercer a secretaría técnica. A continuación, interviu a secretaría xeral da UE e Acción Exterior do Goberno Vasco e Presidencia da Comisión Arco Atlántico, Mª Ángeles Elorza, quen explicou os pasos seguidos para a creación da Macrorrexión Arco Atlántico.

Seguidamente, o presidente da Cámara de Bilbao debullou os principais fitos logrados ata a data polas cámaras firmantes da Declaración de Bilbao, entre os que destaca a positiva resposta da presidencia do Goberno de España á misiva enviada solicitando o seu apoio para incluir as cuestións recollidas na Declaración das Cáramas de Comercio do Arco Atlántico e, en especial, nas relacionadas coa creación dunha Macrorrexión Atlántica, na axenda da Presidencia española do Consello da Unión Europea. Zudaire deu conta dos contactos mantidos para ampliar o número de Cámaras do Arco Atlántico involucradas na proposta de cooperación; e dos avances realizados no desenvolvemento de proxectos de cooperación interrexional para abordar a mellora da conectividade e a capacidade de influencia, o primeiro dos retos plantexados polas Cámaras.

Neste ámbito, foron formados catro grupos de traballo para afrontar diferentes proxectos, tales como o avance do Corredor Atlántico Ferroviario para mercancías e persoas e a Alta Velocidade; a implementación do Foro das Cámaras do Arco Atlántico, unha plataforma web e unha rede de empresas colaboradoras; o desenvolvemento de sectores arredor do eixo do Camiño, incluíndo industrias turísticas e silver e green economy; e o progreso do Corredor do Hidróxeno.

Zudaire destacou que estas Cámaras representan a unha macrorrexión de preto de 20 millóns de habitantes e deben cooperar para sumar, “para facer do Arco Atlántico un territorio máis competitivo, máis sustentabel, máis dinámico, máis aberto e máis conectado, no que a cidadanía teña unha maior calidade de vida”. Remarcando que esta unión e o traballo emprendido nada ten que ver cos vaivéns ou cambios políticos, e que a reinvindicación ante Bruxelas para ser unha Macrorrexión é só un aspecto doutros moitos que comezaron a traballar conxuntamente. “Cooperamos porque nos centramos no que nos une, no que nos separa, e unha soa voz chega máis lonxe é e máis escoitada”, comentou.

A Cámara santiaguesa considera que “afrontámonos a uns desafíos sen precedentes derivados, entre outras casuísticas, da transición ecolóxica, transición dixital e o reto demográfico, e nun contexto global no que os centros de gravidade económicos se afastan da nosa contorna. O risco da perda de competitividade, do atractivo como territorio e da capacidade de influencia é real e, por iso, poñemos xa os mecanismos necesarios para contrarrestar as ameazas cas nosas fortalezas”.

Durante a xornada, a directora xeral de Orkesta, María José Aranguren, presentou a debate a metodoloxía de traballo, así como a planificación de acción para 2024, que inclúe o deseño e posta en marcha de catro procesos de cooperación interrexional. O acto cerrouse cunha intervención sobre a conxuntura actual da Macrorrexión Arco Atlántico por parte da Comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña