Unha nova coresma para… afondar no noso sermos discípulos


    

   

Un ano máis estamos para comezar o tempo da Coresma. Velaquí un resumo da mensaxe que o papa Francisco ven de publicar para este ano 2020. Na nosa UpFoz, unidos a toda a Igrexa, iniciamos este camiño coa celebración na igrexa parroquial de Foz, ás 19.30 h. do mércores.

Queremos traballar nesta coresma 3 aspectos concretos, para irmos afondando no noso ser discípulos, camiñantes tras as pegadas do Señor. Estes son os 3 aspectos:

+ fomentar o silencio: nos templos, nas celebracións, a nivel individual

+ achegarnos máis á Palabra do Señor: lectura, meditación persoal e comunitaria

+ compromiso social cos máis pobres: teremos unha caixa en cada templo onde iremos deixando aquilo do que nos absteremos e compartiremos cos máis necesitados, en concreto, colaborando co proxecto que Mans Unidas diocesana, está a levar adiante nun pobo de Perú.

Deja un comentario