Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)

Compartir

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) é unha axencia pública autonómica que se encadra dentro das entidades instrumentais do sector público autonómico reguladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A Axencia está adscrita á consellería do Medio Rural; ten personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía na súa xestión nos termos establecidos por estes estatutos e pola demais normativa vixente de aplicación.

Creada en virtude do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos.

O obxecto da Axencia é o seguinte:

  1.     Constituírse no instrumento básico de actuación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.
  2.     Investigar e realizar o desenvolvemento tecnolóxico no sector agroalimentario.
  3.     Desenvolver as actividades de I+D+I nos sectores agrario, gandeiro e forestal, dentro do marco das competencias que a esta axencia lle atribúen estes estatutos.
  4.     Realizar aquelas outras actuacións relacionadas coas actividades anteriores que determine a consellería de adscrición cos medios e persoal que a ela se adscriben.

A Axencia  conta na súa estrutura con catro centros de investigación de referencia (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (CIF), Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (LAFIGA)) e seis Centros de Formación e Experimentación Agraria(CFEA) (Sergude, Guísamo, Becerreá, “Pedro Murias” Ribadeo, Monforte de Lemos e Lourizán).

Agacal conta cun órgano executivo (Dirección) e unha estrutura administrativa da Axencia que engloba a Área de Calidade Alimentaria, Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria e unha Xerencia. 

Sede administrativa
Avenida do Camiño Francés, 10
15781 Santiago de Compostela
agacal@xunta.gal
Tel.: 881 996 279
Fax: 981 546 676


Sede institucional
Pazo de Quián s/n- Sergude
15881 Boqueixón (A Coruña)
agacal@xunta.gal