Mascatos

Mascatos Sulidae

Os mascatos son un grupo de aves mariñas grandes, de corpo forte e alongado, cunha plumaxe que combina o branco e o negro. As ás son longas, estreitas e afiadas.

Alimentanse de peixe que capturan debaixo da auga. Para entrar na auga chóupanse de bico dende varios metros de altura.

Na Península Ibérica non cría especie ningunha de mascato, máis nas augas das Rías Baixas e do Parque Nacional é común a presenza do mascato europeo.


Alcatraz atlantico 2Alcatraz atlantico 1

MASCATO EUROPEO / ALCATRAZ / NORTHERN GANNET

Morus bassanus

95 cm de lonxitude × 190 cm de envergadura.
 É un ave mariña grande, branca y coa punta das ás negras. Os xuvenís son de cor parda e levalles de catro a cinco anos acadar a plumaxe branca dos adultos.

Reprodúcese en illas e illotes da costa atlántica do norte de Europa, e a meirande parte deles na Escocia. Non crían na Península Ibérica.

É doado observar mascatos nas augas do Parque Nacional durante practicamente o ano enteiro. Máis abondoso durante os pasos migratorios de primavera e, sinaladamente, de outono (antes e despois da reprodución) e máis no inverno. Solitarios ou en bandos cativos.