Descubre por que vendemos o noso Cogombro holandés envasado.

Por que vendemos o Cogombro holandés envasado?

28 de agosto de 2020

Somos absolutamente conscientes da necesidade de reducir o plástico. Ao mesmo tempo, sempre tratamos de buscar a mellor opción que nos permita manter a máxima calidade dos noso produtos. Por esta razón, hoxe por hoxe, non sempre podemos prescindir dos plásticos.

O plástico do Cogombro holandés axuda a conservar durante máis tempo a súa frescura e calidade

Pepino holandes 1  

Tras realizar moitas probas, o resultado é que prescindir do envase de plástico no Cogombro holandés mingua a súa calidade.

Ás poucas horas sen envase advírtese unha clara deshidratación, perda de firmeza e o produto está máis brando e apagado. Unha deterioración que tamén se produce aínda que o manteñamos no mural de frío.

Despois de diferentes ensaios, comprobamos que o produto se mantén coa máxima calidade  e frescura por máis tempo co envase de plástico.

O envase de plástico proporciona, neste caso, unha mellor conservación, frescura e calidade do produto durante polo menos 8 días, fronte a 3 días sen envasar.

Pepino holandés 2  

Non obstante, seguimos estudando alternativas en canto ao envasado, que nos permitan manter a calidade dos nosos produtos evitando o desperdicio alimentario e dando unha solución ao problema do plástico.