El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR

XXIV Edición do Certame Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

28-03-2023 12:17:03
Cartel do do Certame Escolar e Afeccionado.

REDACCIÓN | Do 1 de abril ao 10 de Xuño, celébrase a XXIV Edición do Certame Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, na que participarán compañías e centros educativos ao longo de once semanas. 

Competirán distribuídas en 5 categorías: benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior, optando a numerosos premios por categoría que se entregarán nunha gala que, como cada ano,  celebrarse no Teatro Colón. 

Neste certame, participan case 70 compañías de toda a provincia de A Coruña, con obras que serán representadas no teatro do IES Rosalía Mera, de luns a sábado, e o acceso a todas elas será de balde. 

As datas das obras pódense consultar a través da páxina web do IES Rosalía Mera na pestana adicada ao Certame ou a través do seguinte código QR. Os espectadores e espectadoras tamén poderán informarse diariamente no perfil de Facebook e de Instagram. 

Grazas a este proxecto,  as compañías e centros educativos da provincia, que se esforzan cada día por manter vivo o teatro, atopan un espazo onde representar as súas obras e levar a escena as súas ideas e propostas artísticas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias