Pensáchedes algunha vez que a palabra pepino era realmente un castelanismo? Ou pensáchedelo pero non sabíades cal era a palabra correcta en galego?
Hoxe moitos decatámonos precisamente diso, e decidimos publicalo aquí.Non é moi común escoitar o termo cogombro , pois na maioría dos supermercados e froitarías poñen os carteis en castelán facéndonos crer que en galego tamén son as mesmas palabras.
A definición de cogombro na RAG
- Planta herbácea da familia das cucurbitáceas, de caules rastreiros ou gateadores, froitos alongados, máis ben pequenos, pel verde escura con pequenas protuberancias e carne branca.
Este ano están moi vizosos os cogombros.
- Froito desta planta.
Non me gustan os cogombros en vinagre.