Pepino non, COGOMBRO.

Pensáchedes algunha vez que a palabra pepino era realmente un castelanismo? Ou pensáchedelo pero non sabíades cal era a palabra correcta en galego?

Hoxe moitos decatámonos precisamente diso, e decidimos publicalo aquí.Non é moi común escoitar o termo cogombro , pois na maioría dos supermercados e froitarías poñen os carteis en castelán facéndonos crer que en galego tamén son as mesmas palabras.

Cucumber on White

A definición de cogombro na RAG

  • Planta herbácea da familia das cucurbitáceas, de caules rastreiros ou gateadores, froitos alongados, máis ben pequenos, pel verde escura con pequenas protuberancias e carne branca.

         Este ano están moi vizosos os cogombros.

  • Froito desta planta.

        Non me gustan os cogombros en vinagre.