Día da lingua materna

El día 21 de febreiro é el día da lingua materna. Como avisa a UNESCO, a diversidá lingüística tá cada vez máis amenazada: “Cada dúas semanas, como promedio, úa lingua desaparece, llevándose todo un Patrimonio cultural e intelectual”.

A educación multilingüe basada na lingua materna facilita el acceso e a inclusión nel aprendizaxe dos grupos de población que falan linguas non dominantes, linguas de grupos minoritarios e linguas indíxenas.


Esta semana, Axuntar na rede social Instagram, solicitou dos seguidores que se animasen a comentar a súa palabra favorita na lingua materna, explicando tamén el significado. E este foi el guapo resultado conseguido: 24 palabras ben chulas coas que creamos úa nube.

A TÚA PALABRA FAVORITA NEL DÍA DA LINGUA MATERNA 2023

Acheite: s.m. Neno pequeno ou persoa a quen se lle concede pouca importancia. Algo mui pequenín.

Acougo. s.f. Calma, tranquilidá.

Adoitar. v. Acostumar, ter costume de.

Alén. Adv. Máis alá, máis lonxe.2. s.m. El mundo de despós da morte.

Antoxo. s.m. Deseo non razonable e pasaxeiro por úa cousa innecesaria ou extravagante. Capricho.

Atanigar. v. Moverse úa cousa por un impulso exterior, columpiar.

Ataniscar. v. Morder algo deixando a marca dos dentes.

Atotar. v. Xuntar terra al pé das plantas. 2. Cubrirse con roupa axustándola ben al corpo. 3. Cubrirse ben coas mantas na cama pra quedar ben calentíos-as. 4. Apertar, meter ben úa cousa por as beiras. 5. Atoutar. 6. Encaxar algo pra protexerse del frío. 7. Apertar algo contra un pra protexelo del frío. 8. Puer xunto, achegar. 9. Acubillar úa galía aos seus pitos debaxo dela.

Becho. s.m. Animal, xeneralmente de pequeno tamaño. 2. Persoa que ten cara aos demais a brutalidá dun bicho.

Comadre. Madría dúa persoa con relación al padrín ou aos padres desta. 2. Madre dúa persoa con relación al padrín ou á madría desta.

Enxame. s.m. Grupo de abellas que forman úa colonia. 2.Grupo numeroso de persoas ou cousas en movemento.

Enxuito. Adx. Seco (referido ás telas). 2. Persoa delgada.

Esfrecer. v. Enfriar, arrefriar.

Esqueirar. v. Buscar, revolver, fisgar.

Faragulla. s.f. Trozo mui pequeno que se solta del pan ou de outros alimentos, como galletas ou dulces. 2. Porción pequena de algo que se rompe en pedacíos, por exemplo, pedra, vidrio ou similares.

Ferrado. s.m. Medida de capacidá pra graos, legumes, sementes etc., de valor mui variable segundo os lugares ou segundo lo que se mida que pode ir dos doce aos veinte quilos. 2. Especie de caxón trapezoide con esa capacidá. 3. Medida de superficie que segundo os lugares, oscila entre os cuatrocentos e os seiscentos metros cuadrados, inda que el sou valor pode ser muito máis variable. 4. Participio del verbo ferrar. 5 Adx. Que leva ferraduras.

Ho!. interx. Indica chamada de atención, reafirmación, incredulidá, dúbida etc.

Lambisque. s.f. Lambuada, cousa rica e dulce.

Laricar. v. Meterse en asuntos alleos. 2. Revolver, normalmente na cociña. 3. Sobar, tocar unha cousa coas mans reiteradamente (Castropol). 4. Facer labores de pouca importancia dun lado para outro (Abres). 5. Facer traballos mal feitos. 6. Meterse en labores propios da cociña, revolver na cociña.

Muxacán. s.m. Cangrexo mui pequeno, mouro, que al ser sorprendido escapa corricando, buscando úa greta nas penas.

Olga. s.f. Entrante lonxitudinal del mar na terra onde se depositan as oucas e os restos dos naufraxios. 2. Rastro que deixa na neve ou no cereal el paso de úa persoa ou animal (Ancares). 3. Suco lonxitudinal en campo de labor (Bierzo). 4. Leira labrada.

Xeito, s.m. Cada úa das posibilidades diversas de fer úa cousa, de actuar, de ser. 2. Forma máis conveniente ou idónea de fer algo. 3.Conxunto de características externas que definen a particularidade dúa cousa ou persoa e permiten diferenciala doutras ou de si misma. 4.Conxunto de condiciois innatas ou adquiridas que permiten realizar certa actividá con éxito. 5.Maneira óptima de realizar úa actividá. 6.Forma natural en que está disposta úa cousa.7.Posición, sentido etc., en que se coloca algo. 8.Cuidado, precaución. 9. Arte de pesca que consiste núa rede larga que se estende e se deixa durante horas pra que a xardía malle nella.

Xostra. s.f. Vara delgada e flexible.

Zarapallada. s.f. Mestura desordenada de cousas. 2. Algo sen valor. 3. Cousa sucia. 4. Mentira, engano. 5. Lea, confusión. 6. Parvada, estupidez. 7. Chapuza. 8. Conxunto variado de peixes capturados de pequeno tamaño e de pouco valor comercial (Ortigueira).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *