A casa das receitas — Cazolada de pescada

1.5M ratings
277k ratings

See, that’s what the app is perfect for.

Sounds perfect Wahhhh, I don’t wanna

Cazolada de pescada

Na casa das receitas apetecíanos un prato de culler, deses que quentan o bandullo e deixan un bo sabor de boca, ideais para un primeiro prato no xantar ou para unha cea saudable. Por iso nos decantamos por esta deliciosa cazolada de pescada, que preparamos nun abrir e pechar  de ollos e que gusta a toda a familia.

image

Os ingredientes que usamos para 4 persoas foron:

  • Tres toros de pescada
  • Catro patacas do país
  • Un tarro de 400 g. de garavanzos cocidos
  • Un pemento vermello
  • Unha cabaciña (calabacín)
  • Dúas cenorias grandes
  • Un tomate ben maduro
  • Dúas presadas de chícharos
  • Unha cebola mediana
  • Tres dentes de allo
  • Un vaso de caldo de peixe*
  • Aceite de oliva virxe
  • Pirixel
  • Sal fino

(*) O caldo de peixe podédelo facer, por exemplo, coa cabeza ou o espiñazo dunha pescada. É tan fácil como cocelo en auga con sal e agardar a que a auga reduza un pouco. Unha vez feito, podedes conxelalo en pequenos tarriños para ter sempre listo para usar un caldo de peixe caseiro.

A preparación do prato fixémola como segue:

1. Salgamos a pescada e aderezámola co pirixel. Reservamos.

2. Nunha cazola con aceite de oliva virxe, puxemos a refogar a cebola e o allo cortados en anaquiños.

3. Engadimos á cazola a cenoria cortada en lascas.

4. Cando a cenoria comezou a abrandar, engadimos o pemento, a cabaciña e o tomate, todo en cachiños.

5. Tras un par de minutos, engadimos os chícharos e un chisco de auga.

6. Despois, engadimos á cazola a pataca cortada en triscos e o caldo de peixe. Deixamos cociñar todo a lume medio-alto, engadindo máis auga cando foi necesario.

7. Cando a pataca comezou a abrandar, engadimos máis auga e a pescada desmenuzada en anacos, regando cun chisco de aceite virxe cru.

8. Cando a pescada comezou a abrandar, engadimos os garavanzos e deixamos cociñar uns tres ou catro minutiños máis a lume medio.

9. Ao ter a pescada completamente  feita e os garavanzos quentes, rectificamos de sal, aderezamos cun pouco pirixel en po e servimos.

image

Nós xa preparamos a nosa cazolada, agora tócavos a vós. Mans á obra! :)

acasadasreceitas a casa das receitas receitas comida xantar cea pescada peixe verduras legumes país gastro gastronomía galego guiso potaxe caldo cociña cociñar comer dieta comida saudábel

See more posts like this on Tumblr

#acasadasreceitas #a casa das receitas #receitas #comida #xantar #cea #pescada #peixe #verduras #legumes #país #gastro #gastronomía #galego #guiso